A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará a mediados de setembro en Cedofeita e Vilaframil para levar a cabo unha inspección técnica periódica dos vehículos agrícolas, segundo anuncia o alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando. A inspección levarase a cabo na unidade móbil que estará situada no Campo da Festa de Cedofeita, os días 16 e 17 de setembro, e no Campo da Festa de Vilaframil, o 18 dese mesmo mes. Nos dous casos, o horario de atención será o mesmo: de 09.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. Os interesados poden solicitar xa cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.
ITV en Cedofeita e Vilaframil
ITV en Cedofeita e Vilaframil
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional