O hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro celebra as súas VI Xornadas do Bonito durante as fins de semana ata o 14 de setembro con menús elaborados con este peixe como ingrediente principal. Por un prezo de 19 euros servirase un entrante, un prato principal a escoller, unha sobremesa caseira, ademais de auga e pan. Posteriormente, os comensais poderán elixir entre un destes catro platos: bonito á prancha, ventresca de bonito, bonito en rolo ou caldereta de bonito. A directora do Vila do Val, María Hermida, anima “a vecinos y visitantes a disfrutar de estas jornadas que ya van por su sexta edición y que permiten apreciar uno de los pescados más conocidos del Cantábrico”. O Vila do Val encóntrase situado en Ferreira do Valadouro, a dez minutos en coche de Foz e de Burela, e conta cunha ampla oferta tanto en elaboración de menús do día, coma na preparación de pratos á carta. Os interesados poden facer a súa reserva no teléfono 982 57 16 53.
VI Xornadas do Bonito no Hotel Vila do Val