O pasado venres 6-X Isabel Díaz Ayuso, a presidenta rexional madrileña, liscou da Conferencia de Presidentes autonómicos que se estaba a celebrar en Barcelona manifestando deste xeito o seu rexeitamento por cadanseu uso do euskera e do catalán polo lehendakari e polo presidente catalán na devandita Conferencia.
Para entendermos o que representa este aceno para os seus seareiros e detractores e como se insire na axenda política española temos que entender antes que o galego, catalán e euskera malia ser linguas oficiais en cadanseus países, non son lingua oficial do Estado no seu conxunto e o seu coñecemento non é de seu un deber, como si o é o coñecemento do castelán. Pola contra o sueco é lingua oficial en Finlandia (malia ser usado só por unha minoría), o neerlandés, francés e moi minoritario alemán son linguais oficiais na Bélxica e o italiano, francés e alemán, canda o moi minoritario romanche son linguas oficiais na Suiza.
Este desequilibrio xurídico mesmo foi potenciado pola ferreña actitude do bipartidismo dinástico durante bastantes anos, pechando ao uso do galego, catalán e euskera o Congreso, o Senado e as institucións da Unión Europea, agás moi contadas e periféricas excepcións. Estas linguas, asemade, foron excluídas de facto da programación xeral de RTVE mala a súa obriga de acoller a pluralidade lingüística e cultural.
Por iso a reivindicación da oficialidade do galego, catalán e euskera nas institucións estatais e europeas teña un evidente carácter restitutivo para visibilizar a plurinacionalidade real do Estado español que o seu Dereito e praxe política non recoñece. Conxelada de facto a Constitución por un sistema de reforma constitucional inviábel, o único xeito de xerar mutacións, de abrir as institucións estatais á plurinacionalidade (como dicía o lehendakari Urkullu en agosto de 2023) é a medio da lexislación orgánica e ordinaria e do uso do elemento simbólico. Velaí, neste contexto, a necesidade de que os presidentes autonómicos e as persoas que representan ás nacións sen Estado usen a súa lingua en toda circunstancia, para visibilizar no conxunto do Estado esa pluralidade nacional, asumida por millóns, mais tamén rexeitada por millóns.
Díaz Ayuso sabe que a plurinacionalidade está máis viva no Estado ca nunca e que esa plurinacionalidade é transversal, vai alén do lingüístico e cultural e ten unhas repercusións económicas evidentes que cuestionan o modelo de crecemento hipertrófico da rexión madrileña no contexto do capitalismo do Bernabeu. E sabe que ese ferreño rexeitamento das linguas propias, maioritario en Madrid non o é nos outros países e territorios do Estado e non só xa en Galicia, Catalunya, Euskadi, Nafarroa, País Valencià ou les Illes.
Rueda, pola súa banda, no canto de reivindicar a presenza institucional do galego fóra deste país (tan preciso para as fins de rachar o papel subordinado ao que o relegou a praxe constitucional) optou outravolta pola sumisión aos intereses do PP estatal, amosando a súa falla real de autonomía.
Canto á propia Conferencia de Presidentes, amosou a súa inutilidade práctica e a súa utilización por parte do PSOE e do PP como instrumento do “café para todos”: a multilateralidade como xeneralización autonómica, nivelamento competencial, falla de recoñecemento das características nacionais de Galicia, Euskadi ou Catalunya… Porque a plurinacionalidade esixe bilateralidade. A Galicia non lle interesará nunca ser equiparada ou equiparábel a Murcia.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



