A actuación, executada polo parque móbil da Deputación de Lugo, permitiu mellorar un vial de 1,2 quilómetros que dá servizo a numerosas vivendas
Vilalba, 12 de xuño de 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, xunto cos concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, desprazouse hoxe á parroquia de San Simón da Costa para comprobar o avance dos traballos que o parque móbil da Deputación de Lugo continúa desenvolvendo nesta zona do municipio.
Durante a visita supervisaron as actuacións que se están a realizar na pista do barrio da Ribeira, onde o equipo de rego asfáltico continúa coa rexeneración do vial mediante bacheo, unha vez rematadas as tarefas previas de apertura e limpeza de cunetas.
Ademais, tamén se achegaron ao barrio de Pude, onde xa finalizaron os traballos de rexeneración integral da pista municipal. A intervención permitiu mellorar un vial de 1,2 quilómetros de lonxitude que dá servizo a numerosas vivendas e que presentaba un estado de notable deterioro.
Os traballos executados consistiron na aplicación de catro capas de pedra e tres de rego asfáltico, mellorando as condicións de circulación e facilitando os desprazamentos e o acceso ás vivendas da zona.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “estas actuacións permiten mellorar infraestruturas moi utilizadas no día a día da veciñanza e seguir avanzando na rexeneración progresiva da rede de pistas municipais”. Rouco subliñou tamén que “a colaboración entre administracións permítenos chegar a máis puntos do municipio e dar resposta a necesidades que nos trasladan os propios veciños e veciñas”.
Durante a visita, a alcaldesa e os concelleiros puideron contrastar coas persoas residentes da zona o resultado dos traballos executados e compartir impresións sobre a mellora do vial.
Desde o Concello lembran que as actuacións continuarán nas vindeiras datas noutras zonas do municipio, dentro da planificación prevista para seguir mellorando as infraestruturas municipais.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



