Cervo, 12 de xuño, 2026. Na tarde de hoxe, o BNG analizou en San Cibrao a necesidade de dispoñer de servizos públicos de calidade que garantan unha vellez digna. O concelleiro cervense David Villares, xunto coa deputada no Parlamento e responsable de Política Social do grupo nacionalista, Olalla Rodil, foron os poñentes desta xornada, na que tamén participaron numerosas persoas achegando reflexións e experiencias sobre a situación actual dos servizos sociais públicos.
Os temas tratados afectan directamente á vida de moitas familias do concello de Cervo, da Mariña e de toda Galiza: a atención ás persoas maiores, os servizos de dependencia, a axuda no fogar, os centros de día e o futuro das residencias. Son cuestións que o BNG mantén de forma permanente na súa axenda política. Trátase dun asunto de enorme relevancia nunha comarca cada vez máis envellecida, onde aumenta o número de persoas que precisan apoio para manter a súa autonomía e calidade de vida, e onde tamén medran as dificultades das familias para compatibilizar os coidados coa súa vida laboral e persoal.
Dereitos e dignidade
“Cando falamos de servizos sociais non falamos de estatísticas nin de debates afastados da realidade. Falamos da vida cotiá de moitas persoas. Falamos de dereitos, de dignidade e de como queremos coidar ás persoas que construíron coa súa vida e co seu traballo a sociedade que hoxe temos”, afirmou David Villares.
O concelleiro lembrou que este debate está plenamente vixente en Cervo, tras a polémica xerada arredor do Centro de Día–Residencia de San Cibrao a raíz da aprobación dunha nova ordenanza de tarifas vinculada á concesión do servizo. “Para nós, a cuestión vai moito máis alá da suba das tarifas: o que está en discusión é o modelo de atención ás persoas maiores e a maneira de entender os servizos públicos”, sinalou.
Villares recordou que o BNG xa advertira no pleno municipal que nin o estudo económico que sustentou o proceso, nin a licitación, nin a ordenanza aprobada responden a unha visión de servizo público centrada nas persoas usuarias. Pola contra, todo o procedemento estivo condicionado pola necesidade de garantir a rendabilidade da empresa concesionaria.
Unha residencia municipal debe garantir dereitos, non beneficios
O BNG non nega que os servizos teñan custos nin que as tarifas poidan actualizarse. O que cuestiona é que sexan as persoas usuarias e as súas familias quen teñan que asumir as consecuencias dun modelo que pon no centro o equilibrio económico dunha concesión privada. A posición do BNG é clara: unha residencia municipal non debe funcionar coa lóxica dun negocio, senón coa lóxica dun servizo público que garante dereitos. Pola contra, o Partido Popular aposta por un modelo orientado ao beneficio das empresas concesionarias.
A proposta do BNG: creación do Servizo Galego do Benestar
Pola súa parte, Olalla Rodil denunciou o “desmantelamento” ao que o Partido Popular está sometendo os servizos públicos de atención á dependencia para favorecer o negocio das empresas privadas.
“Lonxe de avanzar, retrocedemos”, resumiu, para engadir que “a ideoloxía do Partido Popular ve como normal facer negocio coa vellez, en vez de apostar por unha rede pública que garanta a calidade de vida das persoas maiores”. Rodil advertiu tamén de que o PP continúa “drenando recursos públicos cara ao sector privado” e que pretende suplir as carencias do sistema cargando os coidados sobre as familias, especialmente sobre as mulleres, que seguen asumindo maioritariamente estas tarefas.
Ante esta situación, a deputada expuxo a proposta do BNG: a creación do Servizo Galego do Benestar, un organismo público que funcione como un “Sergas social” e que garanta o dereito a unha vida digna a través dunha Rede Pública de Coidados.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



