A Xunta de Goberno deu luz verde á adxudicación desta nova ferramenta “que permitirá facer unha administración fiscal máis áxil, máis eficiente e máis próxima; e que dará cobertura aos 64 concellos da provincia na xestión de impostos e taxas”
Lugo, 12 de xuño de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á adxudicación, por 2,5M€, dun novo sistema informático para a xestión tributaria da institución provincial. Unha ferramenta que, en palabras da Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, “suporá un importante avance na modernización dos servizos que prestamos aos concellos e á cidadanía”.
“Falamos de algo que nos permitirá facer unha administración fiscal máis áxil, máis eficiente e máis próxima. Un sistema que dará cobertura aos concellos da provincia na xestión de impostos, taxas e outros ingresos públicos, facilitando os trámites tanto ás administracións locais como aos contribuíntes”, sinalou García Porto.
Resultou adxudicataria Gestión Tributaria Territorial SAU, que prestará este servizo durante os vindeiros catro anos. Nese sentido, explicou a Deputada que este sistema permitirá, entre outras vantaxes, reducir tempos de tramitación, impulsar a sede electrónica e ampliar as posibilidades de relación telemática coa Administración, sempre con plenas garantías de seguridade. Un sistema que incorporará melloras específicas para facilitar os plans personalizados de pagamento e contará cun módulo de atención telefónica pensado especialmente para aquelas persoas que teñen máis dificultades para utilizar medios dixitais.
Pilar García Porto asegurou que “estamos ante unha actuación que reforza a cooperación da Deputación cos concellos, mellora a calidade dos servizos públicos e facilita a relación entre a cidadanía e a Administración, facendo que os trámites sexan máis sinxelos, máis rápidos e máis accesibles”.
Explotación de diferentes inmobles da Deputación
Esta Xunta de Goberno sacou tamén adiante a tramitación de catro procedementos para a concesión demanial da explotación de diferentes bens públicos que son titularidade da Deputación de Lugo: o Náutico de Ponte do Sil, o Mazo de Santa Comba, o Naútico de Portomarín, e a área recreativa dos Robles.
“Falamos de instalacións situadas en enclaves estratéxicos que poden actuar como motores de actividade económica, turística e de creación de emprego nos seus respectivos territorios”, valorou a responsable provincial. “Procesos de concorrencia pública cos que non buscamos unha rendibilidade económica senón social e turística. O funcionamento dos catro inmobles enriquece a oferta turística da provincia, o que terá un impacto positivo na economía e no emprego”, engadiu.
Detallou que a concesión destes espazos será por cinco anos, con posibilidade de tres prórrogas, ata un máximo de 10 anos. Os prezos mensuais que deberán abonar os adxudicatarios son: 339€ no caso do Náutico de Portomarín, 644,6€ para a área recreativa Os Robles, 468,8€ para o Mazo de Santa Comba, e 527,4 para o Náutico de Ponte do Sil.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



