Máis de 100 mozos e mozas xa se beneficiaron do programa de EDP, Skills Energy Professionals, que busca promover o emprego en zonas rurais e combater a despoboación
Lugo, 12 de xuño de 2026. Conclúe con éxito o programa Skills Energy Professionals, unha iniciativa impulsada por EDP, compañía líder en enerxías renovables; Vestas, empresa global de solucións eólicas; e a Asociación Empresarial Eólica (AEE), cuxo obxectivo é formar a mozos e mozas de zonas rurais para traballar na operación e mantemento de parques eólicos, impulsando unha transición enerxética xusta e contribuíndo a frear a despoboación.
A clausura desta formación tivo lugar nas instalacións de Vestas situadas en Viveiro (Lugo). O acto contou coa presenza dos 24 estudantes seleccionados, que completaron satisfactoriamente o programa e que proceden de Aragón, Asturias, Cantabria e Castela-A Mancha.
No acto interviñeron a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o director territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, Gustavo José Casasola; e o delegado de EDP en Galicia, Juan Antonio Rey.
Durante a cerimonia celebrouse unha mesa redonda na que participaron Juan Virgilio Márquez, director xeral da AEE; Jonathan Lázaro, director de Operacións de Service de Vestas; e Alfredo Menéndez, responsable de Community Engagement de EDP en España, quen destacaron a importancia do sector eólico como motor económico e como fonte de oportunidades laborais para a mocidade.
Juan Virgilio Márquez, director xeral da AEE, destacou que “el sector eólico está preparando a una nueva generación de profesionales clave para la transición energética. En España, el crecimiento previsto permitirá superar los 60.000 empleos antes de 2030. Además, su desarrollo en el entorno rural no solo impulsa la actividad económica, sino que también se convierte en una herramienta eficaz para combatir la despoblación y ofrecer oportunidades reales a los jóvenes”.
Jonathan Lázaro, director de Operacións de Service de Vestas, sinalou que “La transición energética va más allá de la tecnología, se sustenta también en la capacidad de operar y mantener los parques eólicos a largo plazo. Apostar por la formación de talento especializado no solo es clave para el futuro del sector, sino también para regiones como Galicia, donde la eólica tiene un impacto directo. Por ello, es especialmente relevante para nosotros desarrollar parte del programa en nuestras instalaciones de Viveiro, donde la eólica es parte del motor socioeconómico”.
Alfredo Menéndez, responsable de Community Engagement de EDP en España, recalcou o compromiso local da compañía: “Nuestro compromiso con los territorios en los que operamos se traduce en generar oportunidades concretas de empleo y capacitación. Iniciativas como Skills Energy Professionals contribuyen a formar profesionales cualificados allí donde más se necesitan, reforzando el desarrollo local e impulsando la fijación de población en el medio rural”.
As persoas participantes recibiron os seus diplomas acreditativos tras finalizar con éxito a formación, consistente en 176 horas en modalidade semipresencial, que combinou teoría en liña do Curso Técnico de Operación e Mantemento de Parques Eólicos da AEE e prácticas presenciais realizadas no propio centro de operación e mantemento de Vestas en Lugo, ademais de prácticas homologadas GWO en materia de prevención de riscos laborais e traballos en altura en Vilalba, que lles capacitan para traballar en todo tipo de instalacións eólicas.
Desde o seu lanzamento, 125 mozos e mozas melloraron a súa empregabilidade grazas a esta iniciativa. Con 1.300 GW instalados globalmente, a enerxía eólica ofrece numerosas oportunidades laborais, especialmente en operación e mantemento, consolidándose como un sector clave na transición enerxética.
Con esta exitosa clausura, EDP, Vestas e AEE reforzan novamente o seu compromiso coa formación xuvenil, coa transición enerxética e co desenvolvemento das comunidades locais.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



