Foz, 12 de xuño de 2026. O Concello de Foz aprobou o orzamento municipal deste ano, que incorpora un total de 10.208.784,14 euros, “cos que se sigue apostando por mellorar os servizos públicos, principalmente no ámbito social, cultural, deportivo e educativo. Tamén se inclúen partidas para obras en viais rurais, a adquisición dunha varredora e dunha cesta para os traballos en altura, maquinaria moi necesaria no concello. Así mesmo continuase apostando pola mellora nos equipamentos da escola de música, coa adquisición de novo material e increméntanse as partidas destinadas a subvencións para os clubs deportivos, asociacións culturais, sociais e de atención a animais” explica a concelleira de Facenda, Inés López Couto.
A edil engade que “o orzamento debe ser o máis fiel ás necesidades do concello, e iso é o que intentamos. Por desgraza os recursos son finitos e deben repartirse, polo que non sempre chegamos a todo o que nos gustaría levar a cabo, mais seguimos traballando na busca de fondos en colaboración con outras administracións para ampliar ás melloras que inclúe este orzamento. Debemos destacar a inclusión de fondos para o aumento do programa Xantar na Casa e tamén para a contratación dun segundo traballador social no ámbito dos servizos sociais, a inclusión de subvencións nominativas para as Ampas dos colexios para facer fronte aos custes do servizo de madrugadores (no que actualmente tamén colaboraba o Concello), así como o impulso ás obras nas parroquias rurais de Foz, nas que se centrará o investimento deste exercicio, tanto con fondos propios como doutras administracións. Ademais os investimentos en infraestruturas da auga serán un plus neste exercicio. Unha nova tubería xeral (actualmente as roturas son continúas), así como a mellora da potabilizadora de Fazouro e a traída de Cordido, todo isto con cargo ao novo contrato e sen aumento do prezo do servizo”.
Inés López Couto comentou tamén que “no ámbito dos ingresos o voceiro do PP fixo unha pregunta moi intelixente acerca do canon inicial da concesión do servizo de auga, xa que se concentra todo no exercicio de inicio. Parece que non lembra que no prego que non conseguiu levar adiante no seu mandato había un exactamente igual que tamén se ingresaba no primeiro mes desde a sinatura do contrato, polo tanto non entendemos a sorpresa. Neste orzamento fomos moi prudentes no resto de ingresos facendo previsións garantistas: estamos traballando na mellora da recadación para que os que non queren pagar non prexudiquen ao resto dos veciños.
Teño que dar as grazas ao servizo de intervención pola premura e a implicación facendo este orzamento, reducindo os prazos ao mínimo”.
E o alcalde, Francisco Cajoto, destacou que “esta foi a semana dos acordos, tanto na mellora do campo de fútbol de Malates coma no orzamento municipal. Traballamos para xestionar e para que non se paralice o Concello, atendendo sempre as indicacións dos funcionarios. Creo firmemente que a única maneira de construír un Foz mellor é con consensos coas outras formacións políticas, fóra das crispacións que se ven noutros ámbitos. Foz crece e mellora, os datos son moi positivos: vamos continuar traballando con ganas para que siga sendo así”.



















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



