Denuncian que a Xunta “ten abandonado Xove” e lembra que proxectos como a VAC Costa Norte seguen sen materializarse tras case dúas décadas de gobernos do PP
Xove, 12 de xuño de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Xove acusou ao PP de converter a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nun acto de propaganda política “para a foto”, mentres —segundo denuncian— continúan sen resolverse problemas fundamentais do municipio e da comarca da Mariña. As e os socialistas critican que o Partido Popular utilizase a entrega das Bandeiras Azuis de Galicia 2026, celebrada na praia de Esteiro, como escaparate político, ao tempo que Xove segue á espera de investimentos e actuacións pendentes.
Desde o PSdeG lembran que Xove conta con outras praias —Coido, Portocelo, Morás e Lago—, pero só Esteiro dispón actualmente de bandeira azul. Sinalan tamén que Portocelo chegou a ter este distintivo, mais perdeuno por non cumprir as condicións ambientais esixidas. “O Goberno local do PP debería deixarse de propaganda e preguntarse por que catro praias do municipio non contan con bandeira azul”, afirman.
O grupo socialista denuncia ademais que estas praias carecen de servizo de socorrismo durante a tempada estival, malia que algunhas, como Portocelo ou Lago, reciben unha elevada afluencia de visitantes. “Cómpre preguntarlle tanto ao alcalde como ao presidente da Xunta se consideran aceptable que só unha de cada cinco praias teña bandeira azul e socorristas”, engaden.
Para o PSdeG, esta situación evidencia “a absoluta falta de compromiso do Goberno local do PP co medio ambiente, coa seguridade e coa calidade dos servizos públicos”. Reclaman actuacións urxentes para mellorar o estado das praias e recuperar os distintivos de calidade.
O grupo socialista volveu poñer enriba da mesa os problemas de saneamento no concello, lembrando que propuxeron en varias ocasións un programa específico para as parroquias de Lago, Morás, Portocelo e Xuances. “Non é admisible seguir apostando por fosas sépticas ou pozos negros no século XXI en zonas con potencial turístico”, subliñan.
Segundo o PSdeG, a visita de Rueda volve poñer de manifesto “a política do PP aplicada en Xove xunto a Demetrio Salgueiro: moitas fotos e propaganda, pero feitos ningún”. Aseguran que “a Xunta ten abandonado Xove e tamén a Mariña”, e piden ao presidente galego que aproveite as súas visitas para escoitar aos concellos e atender as súas necesidades reais.
Neste sentido, lembran a situación da VAC Costa Norte, comprometida hai dúas décadas e aínda sen executar. “Levan preto de 20 anos gobernando na Xunta e non fixeron nin un só quilómetro da VAC. Agora falan dunha pequena variante en Viveiro, pero A Mariña segue agardando por unha vía de altas capacidades fundamental para o seu futuro”, afirman.
Critican tamén a falta de avances noutros investimentos anunciados polo PP en Xove, como os pantaláns do Portiño de Morás, a ampliación do polígono industrial ou as melloras na traída de augas. “O que precisa Xove non son visitas para a foto, senón compromisos cumpridos, investimentos e actuacións concretas”, conclúen.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



