Ribadeo, 12 de xuño de 2026. Desde o venres 26 de xuño ata o domingo 28 celebrarase en Ribadeo a décimo cuarta edición do Curso de Iniciación ó Jazz e Música Moderna. Nesta ocasión está dedicado ao centenario do nacemento do destacado músico estadounidense Miles Davis.
Está organizado pola asociación cultural ribadense Bruar e o presidente do colectivo, Rubén Solloso, anuncia que o curso vai desenvolverse en horario de mañá e de tarde e será impartido por cinco profesores de distintas especialidades: “vamos seguir coa estrutura de anos anteriores. Contamos con cinco profesores de cinco especialidades distintas, como son voz, guitarra, vento e temos tamén un baterista e un profesor de piano. Varios deles xa estiveron en edicións anteriores deste curso e outros participan por primeira vez. Repiten o profesor de piano, que vai a ser Javier Constenla, unha persoa cunha ampla bagaxe no mundo da educación dentro do jazz. No apartado de instrumentos de vento tamén volve Pablo Castaño, que estivo o ano pasado; é un saxofonista residente en Brasil e aproveitamos a súa estancia no verán aquí para que poida participar no curso. Repite tamén a profesora de canto Carmen Rey, que estivo no anos 2023 e 2024; é unha rapaza residente na Coruña e que ten unha grandísima traxectoria tanto no apartado da divulgación e do ensino como sobre os escenarios en todo ámbito galego. E como novidade este ano vén un baterista que se chama Lar Legido e é o baterista de grupos como Sumrrá e ademais a ten unha vertente de performance que é moi interesante e que creo que non vai deixar indiferente a ninguén dos alumnos que participen nesta sección de batería. E por último temos a Marco Martínez, que é un profesor de guitarra cunha grandísima fama; xa hai moito tempo que me falaron del e levaba tentando traelo varios anos, pero nunca conseguíamos coincidir en datas. Reside en Oviedo, ten unha escola propia que organiza moitos concertos e cursos, como o seminario de jazz de Siero que leva facendo durante vinte tantos anos e por iso é moi interesante, porque ten moi moita experiencia neste tipo de cursos de poucos días”.
Rubén Solloso explica tamén que “o curso será durante tres xornadas, como en anteriores edicións. Será os días 26, 27 e 28 de xuño, venres, sábado e domingo. Faremos un concerto de clausura ese domingo pola tarde -a hora concreta está por decidir- no Parque de San Francisco e no caso de que o tempo non nos acompañe trasladarémonos ao Cine Teatro, como fixemos na edición do ano pasado”.
En canto á matrícula Solloso comenta que “os prezos creo que son moi asequibles. Temos tarifas especiais para xente que é socio ou socia da Asociación Cultural Bruar, que pagará 60 euros. Hai un prezo tamén un pouco máis económico para todo o alumnado da Escola Municipal de Música de Ribadeo, que é de 70 euros; e para o resto de xente serán 80 euros polos tres días”.
O presidente da asociación Bruar tamén anunciou que “como novidade, este ano esperamos conseguir facer un concerto de profesores. Era algo que viñamos buscando durante estas últimas edicións do curso, desde que se formou a asociación. E se non hai novidades farase o sábado en horario tarde noite. Eu creo que é moi interesante porque conseguiremos xuntar a cinco músicos que non soen reunirse se non é e nunha ocasión así e preparar un programa que creo que será moi vistoso para que poida disfrutar tanto o alumnado participante do curso como toda a poboación de Ribadeo e os visitantes”.
O prazo de inscrición no curso está aberto ata o día 24 de xuño e as persoas interesadas en máis información e para matricularse poden contactar con Rubén Solloso a través do teléfono 677.73.40.84.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



