Ribadeo, 12 de xuño de 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ten todo listo para o sorteo do seu Pasaporte, unha campaña novidosa para dinamizar o comercio e a hostalería locais, que se desenvolveu durante máis dun mes. O broche final será o sorteo ante notario este domingo, día 14, ás 14:00 horas, dunha viaxe a Lanzarote.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “esta campaña impulsada por Acisa Ribadeo e denominada o Pasaporte é unha iniciativa que combinou compras, lecer e premios para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais durante máis dun mes, e que este domingo chega o seu remate co sorteo que faremos ás dúas da tarde”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “desde o 8 de maio ata o 14 de xuño, veciñanza e visitantes puideron participar nesta proposta dinámica que premia a fidelidade nos negocios de proximidade. De cara á xornada do domingo compre recordar as normas básicas: as persoas participantes deberán completar un pasaporte con 10 selos diferentes —4 de comercios e 6 de establecementos de hostalería ou servizos— en negocios asociados a Acisa Ribadeo. Puxéronse en circulación 20.000 pasaportes para esta novidosa campaña. Entre todos os pasaportes correctamente cubertos sortearase un atractivo premio: unha viaxe para dúas persoas a Lanzarote, cunha estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo, ante notario, celebrarase o domingo ás 14:00 horas na Rúa San Francisco, nun evento público que contará coa animación musical de Nuevo Ritmo, dentro da programación do Domingueo en Ribadeo. Será na entrada do parque, A xornada será unha auténtica festa do comercio e da hostalaría locais”.
E relatou que “ademais ese mesmo día as persoas participantes poderán gozar da Ruleta da Sorte, con máis de 1.000 premios directos, engadindo emoción e recompensas inmediatas á campaña. A ruleta estará instalada tamén na Rúa San Francisco, pero un pouquiño máis arriba, entre as entradas do parque, dende as 11:00 ata as 14:00 horas. Rematará co fin de existencias dos premios. Haberá diferentes agasallos en xogo coma 100 parasoles para o coche, 100 mochilas, 100 bolsas de praia, 100 gorras, 200 bolígrafos, 200 blocks de notas, 200 chaveiros, 80 camisetas e 80 sudadeiras cun novo deseño da nosa querida vila, de Ribadeo, que serán perfectos para usar este verán”.
Desde Acisa destacan que “cada pasaporte da dereito a unha soa tirada na ruleta. Aquelas persoas que teñan máis dun pasaporte deberán volver poñerse á cola para probar sorte de novo. E ao remate da ruleta darase un tempo prudencial para poder depositar na urna os pasaportes que queden pendentes”.
A presidenta de Acisa indicou que “o persoal de Acisa comprobará dende as 11:00 horas que os pasaportes cumpran coas normas da campaña. Somos conscientes de que puido haber algún erro á hora de selar nos ocos pertinentes en función do sector de cada negocio, ou incluso na consideración do sector dalgún negocio, como gasolineiras, farmacias… pequenos erros deste tipo non se terán en conta, o que se esixirá é que cada pasaporte teña 4 selos de comercio e 6 de hostalería e servizos. Para iso, dentro da marxe que nos permiten as bases, o noso persoal autorizará a participación na ruleta, e a notaria ratificará que o pasaporte afortunado cumpra con eses requisitos esixidos”.
Cruzado Iglesias dixo que “con esta acción Acisa Ribadeo aposta por unha fórmula diferente que non só impulsa as vendas, senón que tamén reforza o vínculo entre a clientela e os negocios locais, promovendo un modelo de consumo sostible e de proximidade. O Pasaporte non é só unha campaña, é unha invitación a descubrir, gozar e apoiar o tecido comercial de Ribadeo. Animamos a aproveitar estas dúas xornadas que faltan ata o domingo para que a xente que teña pasaportes os complete e incluso que aqueles que se animen collan os últimos que están dispoñible nos negocios e os enchan de selos”.
Pérez Prada recorda que “esta iniciativa de Acisa é a primeira de varias das actividades que presentamos este ano, para conmemorar e celebrar coa nosa clientela o premio nacional de comercio interior. E qué mellor forma de facelo que co pasaporte dunha viaxe a Lanzarote durante 4 días con todo incluído. Os sorteos das viaxes que facemos desde Acisa son un auténtico reclamo para toda a clientela da contorna. Animámosvos a desfrutar dun domingo diferente en Ribadeo”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



