A Mariña, 10 de setembro de 2014. A campaña de axuda a Palestina xa deu os seus froitos co traslado á Fundación Aragüaney en Compostela de varias caixas pola urxencia de axuda humanitaria, mais tamén debido a que a nivel galego a cantidade de material recollido fai necesario partir en varios envíos o volume recollido. Con todo, o BNG e os colectivos e persoas que se sumaron á campaña na comarca, mantéñena ate finais de mes para envíos posteriores.
Entre os produtos sanitarios e doutro tipo que máis se precisan están os antibióticos(con caducidade posterior a 2014), analxésicos, vendas, gasas, material de sutura, material de curas, material protésico, leite en po para nenos, cueiros para nen@s e adult@s, xabrón, tendas de campaña, soros (salino e glucosado), etc.
Paz e solidariedade mariñá fronte ás armas e a ocupación
As persoas que queiran colaborar poden mercar nas propias farmacias os produtos e depositalos nas caixas existentes nos establecementos, onde serán asesorados sobre aqueles máis necesarios, ou ben revisar nas súas casas material deste tipo que non precisen e poidan desfacerse del. Desde os colectivo promotor explican que “entre o material xa enviado hai antibióticos, analxésicos, ansiolíticos, medidores de tensión, gasas e outro material de curas, antiinflamatorios, pañales de nen@s e adult@s, leite en po, próteses, etc.” “A sociedade mariñá demostrou coa cantidade de material recollido a súa impresionante capacidade para solidarizarse cun pobo, como é neste o Palestino, ofrecendo paz e axuda fronte ás armas, a ocupación e o apartheid do estado israelí e os seus aliados internacionais.”
A campaña continuará ate o 25 de setembro
Os colectivos e persoas promotoras da iniciativa agradecen o apoio e colaboración das farmacias da comarca que xa suman 18, despois da novas incorporacións nestes últimos días. Insisten en que a pesar de ser trasladado a Compostela un primeiro lote de material, a campaña seguirá tal como estaba previsto ate o 25 de setembro.
Farmacias da Mariña incluídas na campaña:
| LOCALIDADE | ESTABLECEMENTO | ENDEREZO |
| BURELA | FARMACIA CASARIEGO | AVDA. ARCADIO PARDIÑAS, 95 |
| BURELA | FARMACIA O PARQUE | Rúa Pardo Bazán, 24 |
| CERVO | FARMACIA CABODEVILA | AVDA. DE GALICIA, 14 |
| FOZ | FARMACIA FÁTIMA MAAÑON | AVDA. DA MARIÑA, 21 |
| FOZ | FARMACIA ANTONIA ULLOA ROO | AVDA. ALVARO CUNQUEIRO, 2 |
| FOZ | FARMAFOZ | CORPORACIÓNS MUNICIPAIS, 66 |
| FOZ | FARMACIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MANUEL Mª | ESTDA. XERAL, 26 – NOIS |
| FOZ | FARMACIA FÁTIMA SAA QUINTAS | MESTRE LUGILDE, 16 |
| FOZ | PARAFARMACIA FOZ | XOÁN MONTES, 1 |
| RIBADEO | FARMACIA ÁLVAREZ LEBREDO | RÚA REINANTE, 6 |
| RIBADEO | FARMACIA MONTSERRAT IGLESIAS | RÚA RAMÓN GONZÁLEZ, 10 |
| RIBADEO | FARMACIA DÍAZ FERNÁNDEZ | RÚA VILAFRANCIA DO BIERZO, 5 |
| RIBADEO | FARMACIA BOADA GARROTE | AVDA. DE GALIZA, 23 |
| S. CIBRAO | FARMACIA VIZOSO VILLARES | AVDA. DA MARIÑA, 68 |
| VIVEIRO | FARMACIA PEDRO CASARIEGO | RÚA PASTOR DÍAZ,1 – ESQUINA PRAZA MAIOR |
| VIVEIRO | FARMACIA DOLORES CASARIEGO | RÚA PASTOR DÍAZ, 21 |
| VIVEIRO | PARA FARMACIA ÁRNICA | RÚA MARGARITA PARDO DE CELA, 11 |
| VIVEIRO | PARA FARMACIA ÁRNICA | RÚA GRANXAS, 19 COVAS |






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



