Burela, 12 de setembro de 2014. O Concello traballa nun proxecto de vivenda de emerxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero. Será o primeiro centro da Mariña lucense destas características. O alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Diana Durán, e Mary Fraga, presidenta da asociación Mulleres en Igualdade de Burela, mantiveron este venres un encontro en Compostela coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, para presentarlle dito proxecto.
Á saída da xuntanza o rexedor declarou que “lle presentamos este proxecto á Secretaría Xeral de Igualdade e temos moito interese en que saia para adiante, de aí a xuntanza deste venres en Santiago”. González Barcia lembrou que “a vivenda que se destinaría a ese fin está arranxada, pero precisa de mobiliario. Trátase dunha das dúas vivendas dos mestres do CEIP Virxe do Carme, que foron amañadas e que, como se sabe, unha irá destinada a locais de asociacións e a outra para casos de emerxencia social”.
Para o alcalde burelés “é moi importante que esa vivenda teña coma destinatarias ás mulleres vítimas da violencia de xénero” e engadiu que “seguiremos a manter contactos coa secretaria xeral da Igualdade para concretar a viabilidade do proxecto. Agradecémoslle a Susana López Abella a receptividade que tivo co proxecto que hoxe lles presentamos”.
Desde a Secretaría Xeral de Igualdade sinalan que este proxecto nace da necesidade de atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero, xa que na Mariña lucense non existe ningún recurso deste tipo. E lembran que desgraciadamente este ano producíronse dous asasinatos de mulleres en Foz e en Cervo.
A Xunta conta cunha rede de casas de acollida para mulleres maltratadas cunha conexión entre elas, de tal xeito que as mulleres galegas que o precisen, por atoparse na referida situación de indefensión teñen un lugar de referencia ao que acudir.
Os centros de acollida que existen en Galicia están en A Coruña, Ferrol, Culleredo, Ourense e Lugo. Son todos de titularidade municipal e contan coa financiación da Xunta a través de convenios anuais de colaboración. O ano pasado acolleron a 185 persoas: 102 mulleres e 83 menores. En Vigo tamén existe un centro de emerxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero, o CEMVI, que o ano pasado acolleu a 91 persoas: 54 mulleres e 37 menores. Galicia conta tamén con dúas vivendas de seguridade para mulleres vítimas de trata e de explotación sexual e co centro de recuperación integral para mulleres vítimas da violencia de xénero, que abriu as súas portas o pasado mes de xuño.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.