CADERNOS DA VIAXE. A prensa londinense deste domingo recolle a dramática apelación do prime minister Cameron a encher os exteriores das vivendas dos ingleses, galeses e norirlandeses de bandeiras escocesas para “salvarmos a Unión”. Os tres partidos principais (conservadores, laboristas e liberal-demócratas) canda cadanseus líderes (David Cameron, Ed Miliband e máis Nick Clegg) tentan seducir aos indecisos escoceses para votar negativamente á independencia. En troques, prometen unha substancial ampliación do autogoberno escocés no eido fiscal e financeiro.
En novembro 2012 , cando o first minister escocés pactou data e pregunta con Cameron, éste rexeitou toda posibilidade de “terceira vía” cara unha opción intermedia que garantise a continuidade don Reino Unido incrementando substancialmente os poderes fiscais do Parlamento escocés de Holyrood, opción que enchía os degoiros a medio prazo dos nacionalistas escoceses do SNP. Compre salientar que o nível autonómico dos caledonios elles ben máis amplo ca o galego e moi semellante ao catalán (policía de seguranza, réxime local), agás en cuestións fiscais onde calquera autonomìa española ten máis competencias.
Mais semella que moitos ingleses ollan ao problema escocés con certa distancia. Polo que puiden percebir nesta estadía, é maioritaria a opinión de que os escoceses non han dispor de máis financiamento por habitante ca Inglaterra. Por outra banda, o 48% dos ingleses están por activar controis fronteirizos con Escocia no caso que gañe o yes e o Goberno escocés asuma o espazo Schengen de liberdade de tránsito, segundo unha enquisa que este domingo publica o xornal The Mail.
É verdade que os galeses e máis as minorías de orixe asiática ou africana son máis receptivas ao mantemento de estreitas relacións cunha Escocia independente. Mais, lonxe de ser sensíbeis á chamada do premier Cameron, boa parte dos ingleses están máis dispostos a aceptar, con certa frialdade e afastamento, a independencia escocesa ca unha substancial mellora do seu financiamento e das súas capacidades fiscais.
Mentres, os populistas eurosescépticos do UKIP seguen a furar na Inglaterra a base electoral de Cameron, acadando un 20% nas sondaxes preelectorais para as vindeiras eleccións ao Parlamento estatal de Westminster.
Xoán Antón Pérez-Lema























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



