O Grupo Humorístico Trípode actuou este sábado 18 de outubro no Asilo de Xove. Diante dos residentes deste asilo representaron a súa obra “Xuízo anticorrupción”, axudando a que todos pasaran unha tarde divertida. A vindeira fin de semana Trípode volverá actuar, esta vez en San Miguel de Reinante, nas Escolas Vellas, enmarcando a súa actuación dentro da “Xornada interxeracional”.
