O Burela FS Pescados Rubén cumpriu obxectivo e regresará esta noite cos tres puntos de La Casilla tras impoñerse ao novel Tecuni Bilbo FS por 1-3 con goles de Peque, Taina e Paula nun encontro de dominio galego ante a expectativa local.
Peque xa inaugurou o marcador no minuto 5 en colaboración con Gaby tras roubo de balón. Ampliou distancias Taina no minuto 16 asistida por Peque. Con 2-0 continuouse a cita na segunda parte, sen modificacións no guión inicial, con xogo e ocasións burelistas. Non obstante, o 0-3 fíxose esperar; a moza Paula anotou o terceiro laranxa no minuto 35, de novo con axuda de Peque. As locais, sen xerar apenas perigo nas escasas saídas de balón das que dispuxeron, maquillaron o resultado final co 1-3 no minuto 37, de Esti, dende saque de esquina.
Ficha técnica
Bilbo FS: Sandra, Andrea, Diana, Eva eEsti (quinteto inicial). Tamén xogaron Ixone, Elena, Isa, Vicky e Daniela.
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Tainã, Kiko, Lara, Cris, Paula.
Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 16, Taina; 0-3, minuto 35, Paula, 1-3, minuto 37, Esti
Tarxetas: Por Bilbo amarela Eva (minuto 35) e Dani (minuto 38).





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
