Verán de 2005; a nova deixáranos abraiado; “un artista alemán ultima a unión virtual entre Foz e a súa antípoda”. ¿Qué se nos perdería por aló? Ninguén o sabía, pero eso decraraban Joerg Jozwiak, o promotor da cousa, e o goberno local, entusiasmado. Non soubemos mais da intrépida iniciativa e, despois do tempo pasado, demos por cancelada a insólita noticia coa mesma indiferencia coa que no seu día a acolléramos, pois os que por razóns biolóxicas chegamos a destempo á cultura do “virtual”, mantemos certa dúbida ante tanta marabilla…O que sí espertou a curiosidade, e unha remota esperanza, foi a paralela e extrana presenza dun oso polo Bispo Santo porque, aínda que morto, pensamos que podería ser sinal de vida (non morre o que non vive); e sen ser o hábitat idóneo, cunha pouca de imaxinación e moita fe, poderíase contemplar o posible de que a paraxe, pola que xa señoreaban o xabarín e o corzo, se convertese en reserva de caza maior.¿Imposible? Os focegos estamos de volta de feitos que rachan coas leis naturais e a lóxica ¿Non foi dende alí onde San Gonzalo, contrariando as leis físicas e os razonamentos escolásticos, afundíu a flota de naves normandas? Pouco había que persoeiros de Turísmo da Xunta dixeran na Mariña que a procura do “turismo de calidade”, pasaría pola oferta dun ocio que se asentaría no deporte naútico– portos deportivos–e o golf, e que a caza maior exerce grande atracción para xentes “de calidade”, entendido o termo no senso que nos ocupa. Razón ésta do interese polo posible de que a especie viñera a medrar e multiplicarse ós pagos nos que perdeo a vida o animal que, en mala hora subíu ó Pico da Lebre, paraxe natural, mirador panorámico e alí, entre a cochambre, morrer de noxo e tristura. Dacordo ós analistas turísticos, e posto que Foz, sen porto deportivo nen campo de golf – éste hai mais dunha década dábase por feito – “para a consolidación do turismo no noso concello”, decía voz autorizada ; así as cousas, quedaba a alternativa da caza maior, e neste senso era o oso a derradeira esperanza; mais o do plantìgrado foi unha quimera, un espellismo. A vida está chea de frustracións…!
Suso Fernández




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



