O Burela FS Pescados Rubén deixou escapar este sábado a vitoria de Vista Alegre nun gran partido que cambiou o rumbo triunfal dos de Juanlu, con 4-0 ao descanso, a partir do minuto 31 coa aposta polo porteiro xogador de Magna Navarra, que conseguiu empatar (4-4) a escasos segundos da bucina final.
Mostráronse serios e efectivos os laranxas ante o esixente Magna Navarra. A pesar de que as primeiras chegadas, sen excesivo perigo, foron dos visitantes, o Burela FS conseguiu ir facéndose oco e tomarlle a medida ao rival. A punto de chegar ao minuto 8, Matamoros dispuxo da ocasión local máis clara ata o momento, a balón parado, como preludio da gran visión goleadora do 10 burelista. Tan só un minuto despois Mata, na área navarra, finalizaba un balón de Isi tras erro de rexeitamento da defensa visitante. Ó chegar ó ecuador da primeira parte, o madrileño fulminaba a rede asistido por Antoñito nunha contra coa rúbrica de Jorge Bellvert. Con 2-0, tiveron que aplicarse en defensa os de Juanlu uns minutos; Carlitos conseguiu despexar da liña de meta un balón envenenadísimo no 11 e no 12 Edu estivo moi atento ante un erro defensivo de Chano. Tras un disparo de Eseverri que se foi demasiado desviado, recuperaron posicións e perigo os da Mariña e subiu o 3-0, nos pés de Antoñito (minuto 15), esperando ante Raúl o pase de Iago Míguez dende a banda. Volveu resolver Edu dúas grandes chegadas de Eseverri (16) e Víctor (17). A presión laranxa volveu encontrar recompensa en forma de gol a dous minutos para o descanso, con saída de Isi que colaborou con Matamoros para que Bellvert culminase a xogada ao segundo pau (4-0).
Comezou con boas vibracións a segunda parte. Carlitos a punto estivo de sorprender o porteiro rival antes de cumprirse o minuto 22 de xogo. Pero os navarros non estaban dispostos a irse coas mans baleiras da Mariña e imprimiron velocidade en busca da remontada. Jesulito subiu o primeiro tanto navarro de estratexia, no minuto 24, e segundos máis tarde Víctor intentou sorprender a Edu dende lonxe sen éxito. Aínda que tamén Chano dispuxo dunha magnífica ocasión tras roubo de Antoñito (minuto 26). Volveron perdoar os burelistas, con dobre oportunidade de Mata, tras contraataque iniciado por Jorge Bellvertprimero e en dende o chan na área (minuto 30) despois. Foi entón cando o Magna apostou polo xogo de cinco con Víctor Arévalo á cabeza; en tan só dous minutos (34 e 35) se colocaron 4-3, con firma de Tolrá, que aproveitou un rexeitamento de Edu a Jesulito, e de Eseverri, asistido polo 6 navarro tras superar a Jorge Bellvert. Puideron ampliar distancias e pechar o marcador os laranxas a menos de dous minutos para o final, cun lanzamento a porta baleira de Antoñito e con Iago Míguez só ante Víctor na meta navarra. Non obstante, a fortuna posicionouse do lado visitante; a falta de 23 segundos para a bucina, Jesulito anotou o empate tras un rexeitamento de Edu.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Jorge Bellvert, Isi, Matamoros, Carlitos, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Iago Míguez, Chano, Hélder.
Magna Navarra FS: Raúl, Jesulito, Carlitos, Roberto Martil, Eseverri, cinco inicial; tamén xogaron Dani Saldise, Marc Tolrá, Víctor Arévalo, Javi Saldise, Pablo Ibarra.
Goles: 1-0, minuto 9, Matamoros; 2-0, minuto 10, Matamoros; 3-0, minuto 15, Antoñito; 4-0, minuto 18, Jorge Bellvert; 4-1, minuto 24, Jesulito; 4-2, minuto 34, Marc Tolrá; 4-3, minuto 35, Eseverri, 4-4, minuto 40, Jesulito.
Tarxetas: Polo Burela FS amarela a Antoñito (minuto 28). Por Magna amarela a Javi Saldise (minuto 30).
Árbitros: Martínez Segovia // Muñiz Carpintero
Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada da Primeira División LNFS disputado en Vista Alegre. 800 espectadores.
*Fotos: Marián García Mesa






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
