Foz, 12 de novembro de 2014. A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado concerto no que Gonçalo Guerreiro porá a voz e Dani Pais a parte musical e dixital. As cantigas deste espectáculo irán acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de numerosos xogos de luz que, conservando o encanto orixinal do fado, levarán aos asistentes a unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto a mozos coma a non tan mozos.
Deste xeito, tal e coma explican dende a Biblioteca Municipal, o espectador poderá gozar dun directo melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor e do pop á música tradicional, sen deixar nunca de ser fado.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



