A ETL Altair Galiza impartirá os domingos en Santiago de Compostela e até finais de marzo un curso de MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE (Titulación oficial homologada pola Xunta de Galicia).
O curso comezará o próximo domingo 23 de novembro e a data límite para inscribirse é o 16 de novembro.
Haberá dous prezos:
-Persoas que se vinculen ao proxecto Altair: 75 €
-Persoas que non se vinculen a Altair: 180 €
O horario será de 9:00 horas a 14 e de 15 a 20 horas.O curso inclue aloxamento (para casos nos que sexa necesario) e non inclue comidas. O alumnado disporá da cociña para cociñar. A organización disponibilizará para os interesados un servizo de catering con menu do dia por 4 €.
A asociación ofrece facilidades de pago e un completo e diverso programa de prácticas adaptado ás necesidades do alumnado.
Inscricións en http://etlaltairgaliza.wordpress.com.