Aberto o prazo de matrícula para a UNED SENIOR ata o 15 de febreiro na UNED de Viveiro. Ademais, no mes de febreiro, os días 6 e 7 impartirase un curso sobre “TÉCNICAS DE VENDA” dirixido ó colectivo económico – empresarial e a toda persoa interesada no tema. A matrícula pódese facer por internet a través da web http://extension.uned.es ou na Secretaría da Uned (1º piso dos Claustros de San Francisco) onde poden consultar máis información ou a través do enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es ou do teléfono 982 56 36 01.






















Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



