Lourenzá, 29 de xaneiro de 2015. O Concello de Lourenzá está a traballar estes días para mellorar o estado de canalización das cunetas nas súas parroquias, previndo así novas inundacións coma as que tiveron lugar o pasado mes de decembro no municipio. Estas obras contan cunha inversión municipal de 7.000 euros e súmanse ás que o Concello pretende levar a cabo nos vindeiros meses para mellorar o estado das súas estradas e accesos a camiños municipais. Eses novos traballos serán posibles grazas a aprobación de dúas subvencións, unha delas procedente do Plan Marco da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e outra, incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial de Lugo.
Tal e coma explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, “dende hai uns días estamos a traballar en distintos puntos do concello, facendo taxeas, retirando desprendementos de terra ou limpando cunetas en puntos concretos; en definitiva, obras consistentes en mellorar a canalización e o fluído das augas pluviais a fin de contribuír na prevención de inundacións en vivendas, tales como na Igrexa de San Adriano, onde onte mesmo se remataba a obra. Pero tamén está previsto actuar en Adellao, na Tilleira ou en Sendín. Estas obras requiren un gasto por parte do Concello de aproximadamente 7.000 euros. Por outra banda, estamos estudando actuar no rasanteo e limpeza de cunetas en varias pistas municipais cun montante algo superior ao anterior, e co que se actuará en Pousada, na Chiela, na Pena, na Veiga, de San Adriano; e en Canedo, de Santo Tomé. Estas obras estamos obrigados a facelas porque quedaron intransitables as pistas despois das choivas do pasado 3 de decembro”.
A rexedora municipal laurentina explicou que “como consecuencia destas choivas tamén temos pendente de arranxo, aínda que son obras que están comprometidas coa Consellería de Medio Rural, a ponte de Gallardo, na Veiga de San Adriano; a ponte do rego de Alvarón, en Santo Tomé; a pista das Murias, en San Adriano; a da Chousa, en San Xorxe; e a de Combre, en Santo Tomé, así coma a reposición con escollera da subida á Tilleira, no Paseo do Colesterol, e o muro que derrubou a barrincada cando caeu. Ademais, dende Augas de Galicia, unha vez que se inicien os traballos de limpeza do río, que será posiblemente no mes que ven, repararán o firme da ponte do Seixo e colocarán as varandas que levou a corrente producida polas choivas do pasado día 3 de decembro. A esta inversión con fondos propios hai que sumarlle os preto de 19.000 euros que o Concello ten que poñer para as obras de reposición e bacheo de estradas municipais. Con cargo ao Plan Marco, no que a Xunta inviste aproximadamente 88.000 euros no noso concello, arranxaremos accesos a Recimil, a Condemiña dende a estrada de Trabada, a San Lourenzo, á Veliña, tamén en San Lourenzo, o acceso a igrexa de San Xorxe, a estrada do Pontigo e do Cristo, en Santo Tomé, a reparación da estrada que dende Canedo vai a San Marcos e os accesos a Redondelo e a Lavandeira de Abaixo, en San Adriano”.
A rexedora municipal comentou ademais que “tamén acaba de saír o Plan de Obras e Servizos da Deputación de Lugo, para o cal o Concello ten que aportar a metade, en torno a uns 13.000 euros. Con cargo a esta subvención temos pensado arranxar os accesos a Oural, en Santo Tomé, e a Tiagonce, entre outros. A inversión que facemos nestas obras de mellora da rede viaria é moi importante para un concello pequeno como Lourenzá; con todo e iso somos conscientes de que non chegamos a cubrir todas as necesidades, sobre todo no accesos a montes para os cales é a miña obriga pedir a colaboración dos madeireiros que están a facer a extracción da madeira nos montes do municipio”.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



