Madrid, 14 de xaneiro de 2015.- A deputada socialista por Lugo Margarita Pérez Herraiz celebra que agora o Ministerio rectifique e desista ao parecer de aplicar o sistema de retencións aos gandeiros por unha posible multa por sobreproducción láctea, un custo que ao seu xuízo “é completamente inasumible por parte dos gandeiros debido ao nulo marxe de beneficio que teñen”.
Con todo, acusa ao Goberno “de xerar artificialmente unha excesiva e innecesaria alarma entre os gandeiros a raíz dos datos do Ministerio con erróneas previsións de sobreproducción”.
Xa en novembro de 2014, Pérez Herraiz advertiu no Congreso que “os datos sobre produción láctea manexados polo Ministerio e pola Comisión Europea son absolutamente diferentes e ningunha das dúas informacións está suficientemente xustificada. Explicou entón así que “segundo o Ministerio de Agricultura, a produción nos seis primeiros meses deste ano tivo un incremento do 6%, e segundo a Comisión Europea, a produción láctea en España seguiu unha tendencia contraria, cun descenso do 1,0% na primeira metade do ano”. Así mesmo, denunciou que “hai estudos de profesores de Universidade que demostran que as previsións do Ministerio sobre produción láctea para a actual campaña non son correctas”.
A este respecto, indica que “o Ministerio fixo unha extrapolación das entregas de leite dos meses abril-xuño 2014 ao total da campaña sen ter en conta a estacionalidade da produción, nin que a produción das anteriores campañas nos trimestres xullo-setembro e outubro-decembro é menor, nin tampouco que en abril-xuño de 2014 houbo un incremento excepcional respecto do mesmo período do ano anterior”.
“Segundo os erráticos cálculos do Ministerio, un 60% dos gandeiros pasarían a cota asignada cunhas 250 mil toneladas e o sector tería que pagar unha supertaxa de 70 millóns de euros”. “Isto levou ao Ministerio a ameazar a todos os gandeiros con aplicar o sistema de retencións para garantirse o cobro de multas; un sistema que finalmente ao parecer non aplicará” -resume.
“A errónea política de xestión da taxa láctea por parte do Ministerio -critica- xerou unha enorme incerteza entre os gandieros e provocou sen dúbida que algúns deles poidan tomar decisións innecesesarias que afectarían de forma importante á súa economía, nun contexto ademais de redución do prezo do leite”.
Para a deputada socialista “a irresponsabilidade Goberno para cos gandeiros é inxustificable”.
“Primeiro pintou artificialmente e de forma equivocada un panorama terrible, logo suavizouno e agora pretenderá obviar o prexuízo que con iso ocasionaron ao sector e de forma descarada quererá presentarse ata como o salvador da situación” -reproba.
Pérez Herraiz critica ademais que, na resposta parlamentaria á iniciativa que a deputada rexistrou en novembro e que acaba de recibir, o Goberno limítase a afirmar que “a metodoloxía de elaboración de estatísticas relativas ao sector lácteo que utiliza o Ministerio é a establecida pola regulamentación comunitaria da UE”. “Non se entende entón o motivo polo que as previsións do Ministerio difiren das da UE si a metodoloxía de ambos é a mesma”- recalca a deputada.







Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



