O alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo celebrou o martes 24 de febreiro o día de Rosalía cunha lectura dos seus poemas, interpretacións musicais e ofrenda de flores. Un ano máis, celebraron á grande autora galega coa entusiasta participación da comunidade educativa. Por outra banda, o xoves 26 colaboraron tamén na conmemoración de Cunqueiro coa ofrenda floral no cemiterio e coa lectura no Auditorio de “Se o vello Simbad volvese ás illas”.
Lembrando a Rosalía e Cunqueiro
Lembrando a Rosalía e Cunqueiro
Relacionado
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores