Ribadeo, 26 de febreiro de 2015. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e outros membros da directiva reuníronse este xoves en Lugo coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e con técnicos da administración galega, para avaliar o plan de protección de As Catedrais que a Xunta pretende aplicar a partir do próximo verán limitando o acceso a menos de 5.000 persoas ao día ao areal ribadense. En devandito encontro tamén estiveron representantes das asociacións de veciños de Cinxe e A Devesa.
Desde Acisa Ribadeo cualifícase de erro a formulación proposta pola Xunta de que aquelas persoas que queiran visitar As Catedrais deban solicitar cita na web da administración autonómica e, os días que non se esgoten, nunha máquina instalada a pé de praia. Francisco Iriarte sinala que “nós lles dixemos que desta forma as aglomeracións tampouco se van evitar. Ademais nós abogamos porque a máquina expendedora estea situada en Ribadeo, e que desde aquí se poña en marcha un amplo dispositivo de buses á praia desde unha hora e media antes da baixamar e ata unha hora e media despois. Así faremos que sexan menos coches os que se acheguen ás inmediacións de As Catedrais”.
Acisa Ribadeo insiste na necesidade “de que os nosos hoteis dispoñan de entradas para ofrecerlles aos seus clientes e así garantirlles que visitarán a praia nos días da súa estancia en Ribadeo. Nós queremos que a xente veña a Ribadeo e que desde aquí se desprace á praia de As Catedrais, e que aproveite para coñecer todos os atractivos turísticos que ten este municipio. Nós non nos vemos capacitados para dicir si á praia poden acceder 5.000 ou 25.000 persoas, pero parécenos moi importante que se fagan coas súas entradas en Ribadeo”.
Francisco Iriarte engade que nos parece fundamental modificar a escaleira de baixada á praia, co fin de previr accidentes. Hai que colocar unha barandilla no medio e que un tramo sexa exclusivamente de baixada e o outro unicamente de subida. E que se poña en marcha algún mecanismo de vixilancia, a poder ser, para prohibir que a xente acceda a rocas, covas, zonas que son moi perigosas, porque de non ser así algún día levarémonos un desgusto”.
Acisa Ribadeo presentará alegacións ó plan de protección de As Catedrais da Xunta.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



