O sábado 21 de marzo, ás 17.00 horas, presentarase a lista de homes e mulleres que concurrirán nas vindeiras eleccións municipais do 24 de maio polo Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo (BNG-Asembleas abertas). Para o acto contarase coa presenza de todas as persoas da lista, tanto titulares como suplentes e asemade achegarase a Responsábel Comarcal do BNG, Ana Ermida, así coma do Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro. O acto terá lugar no Parador de Turismo de Ribadeo.
Presentación da lista do BNG-Asembleas Abertas en Ribadeo
Presentación da lista do BNG-Asembleas Abertas en Ribadeo
Relacionado
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que este sábado se está a celebrar en Ribeiras de Lea (Castro de Rei)
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse este sábado co alcalde da Fonsagrada, Carlos López, para abordar algunhas cuestións de interese para este municipio