Lugo, 30 de abril de 2015.- O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou este xoves pola tarde a terceira proba da V Copa Deputación de Atletismo, que se celebrará o 9 de maio en Lugo. Estivo acompañado polo delegado técnico da Federación Galega de Atletismo en Lugo, Pablo Gandoy, así como por parte dos atletas que recibiron unha bolsa da Área de Deporte do organismo provincial durante o 2015 e os técnicos de varios clubs da provincia.
Aproveitando esta presentación, Mario Outeiro e Gandoy fixeron entrega duns trofeos e recordos a todos aqueles atletas lucenses que a pasada temporada participaron nos campionatos estatais das súas respectivas categorías e modalidades. “Cremos que o mínimo é darlles este recoñecemento, porque están levando o nome da nosa provincia por todo o Estado. Estamos moi orgullosos deles”, apuntou Outeiro.
Esta terceira proba será unha das dúas ao aire libre con que conta a competición, celebrándose o sábado 9 de maio no estadio Gregorio Pérez Rivera. Ao igual que nas dúas anteriores, está aberta á participación de calquera atleta galego individual federado,atletas de clubs pertencentes a Galiza, atletas con ficha da Federación Galega de Atletismo pero pertencentes a clubs doutras partes do Estado, e atletas non galegos ou estranxeiros convidados expresamente pola FGA, agás nas categorías benxamín, alevín e infantil, nas que só poderán participar nenos e nenas de clubs lucenses.
Marcas clasificatorias
Do mesmo xeito, as marcas que consigan os e as atletas participantes servirán de clasificatorias para competicións de carácter galego e estatal, polo que “a organización desta Copa dá a oportunidade aos atletas e ás atletas lucenses de obter marcas oficiais que lles permitan competir a nivel galego e estatal”, lembrou Mario Outeiro.
Outeiro tamén sinalou que esta competición, que abarca todas as categorías, permite fomentar e dar visibilidade ao deporte base e protagonismo ás futuras xeracións de atletas. Destacou ademais a importancia da organización desta competición que permite “a participación de cada vez máis atletas, e sobre todo mulleres, que superan xa en número aos participantes masculinos”, dixo.
A importancia de contar cun módulo cuberto
O módulo cuberto de atletismo das Pedreiras, onde se van disputar dúas das catro probas da Copa Deputación de Atletismo, foi construído co financiamento íntegro da Área de Deporte da Deputación de Lugo e era unha infraestrutura moi demandada na cidade, xa que permite o adestramento de xeito continuado dos atletas todo o ano, sen depender da climatoloxía. Ademais, conta coas dimensións necesarias para competicións oficiais, polo que as marcas obtidas son valedeiras como marcas persoais. Trátase da única instalación deste tipo que existe na provincia de Lugo e unha das poucas que hai en Galiza.
“O atletismo é un deporte con moita tradición na provincia de Lugo e que neste momento goza de moi boa saúde, xa que ten moitos practicantes, tanto a nivel afeccionado como a nivel competitivo. Desde a área de Deportes da Deputación queremos que siga sendo así, polo que seguiremos apoiando aos atletas e ás atletas lucenses, organizando competicións coma esta Copa Deputación e creando e mellorando instalacións que lles permitan adestrar e competir nas mellores condicións”, afirmou Mario Outeiro.









A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
