15 de abril de 2015.- A asociación cultural A Pomba do Arco vai organizar una nova actividade entre os días 20 e 23 de abril ás 20.30 no Cenima de Foz.
Coincidindo coa exposición Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una boa chea de artistas mariñáns, e que se pode visitar no Cenima de Foz a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz vai organizar una serie de mesas debate na que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte. Todas estas mesas debate terán lugar no Cenima de Foz entre os días 20 e 23 ás 20.30 horas.
Primeira charla: Arquitectura de nós.
O luns comezará esta actividade coa intervención de Xosé Manuel Casabella. O arquitecto de fama mundial e cunha extensa obra en Galicia vai abordar o tema do estado actual da arquitectura galega. Despois da charla iniciarase un interesante coloquio debate no que o público fará ao poñente as preguntas que considere oportunas e debaterase entre todos sobre o estado actual da arquitectura galega.
Segunda charla: Ensino e creación.
O martes, tamén ás 20.30, terá lugar no Cenima a segunda das charlas debate. Nesta ocasión abordarase o tema da educación da arte. Contaremos coa presenza na mesa dos profesores Pedro Cabarcos, Paz Quiroga e Xerardo López que nos ilustrarán sobre cales son os logros e os problemas cos que se ten que enfrontar o ensino de arte. Aparte dos tres citados profesores contaremos nesta charla coa presenza de dous alumnos do bacharelato de arte que nos darán a coñecer a súa visión sobre o mundo do ensino de arte.
Terceira charla: A arte que ven.
Tal e como o seu nome indica nesta charla contaremos coa presenza de novos creadores que nos falarán de como ven eles a arte e cales son as súas inquedanzas. Contaremos nesta mesa debate coa presenza de Lucía Vila, Martín Lestao, Cris Basanta e David Catá. Todos eles nos amosarán imaxes da súa obra explicando cal foi o seu proceso de creación. Con esta charla poderase comprobar como a arte mariñán lle espera un interesantísimo futuro.
Cuarta charla: Pensar a arte.
Nesta derradeira charla contaremos coa presenza de varios artistas mariñáns de recoñecida fama que nos falarán de cómo se enfrontan eles á difícil tarefa de crear arte. Veremos que é o que os motiva a crear e cales son os pasos que se deben dar para que unha idea se converta nunha obra de arte.
Nesta charla contaremos coa presenza de Celso Dourado, Daniel Caxigueiro, Juanel Ponte e Xoán Manuel Guerreiro.
A Pomba do Arco quere convidar a toda aquela persoa que se interese un pouco pola arte mariñán a participar nesta interesante actividade que como xa dixemos terá lugar entre os días 20 e 23 de abril ás 20.30 no Cenima de Foz.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



