Burela, 14 de maio de 2015.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o secretario general de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Andrés Hermida Trastoy, e o alcalde Burela, José Mª González Barcia, inauguraron este xoves ó mediodía xunto con outras autoridades a XVI Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar sinalou que “para a Fundación Expomar e para o Concello de Burela é unha enorme satisfacción que un ano máis se poida celebrar esta feira que xa leva 16 edicións, e ademais que se poida levar a cabo da forma que se fai este ano: superando os obxectivos que nos tíñamos marcados. Cando o padroado da Fundación Expomar e o comité organizador comezamos as reunións, no mes de setembro do ano pasado, pensábamos en manter os retos que tiñamos no 2013, pero este ano superámolos, pois nesta edición temos máis de 100 expositores e case 350 firmas representadas en Expomar. E iso en definitiva énchenos de satisfacción e orgullo, porque quere dicir que Expomar é xa, de forma concluínte, un referente na evolución da tecnoloxías e de todo aquilo que ten que ver coa náutica e coa pesca”.
González Barcia destacou que “o porto de Burela e o concello son un referente dentro da náutica e da pesca por dúas razóns fundamentais: polo seu propio potencial pesqueiro, a súa flota, o ser líder dos portos dependentes da Xunta de Galicia en venda directa e tamén polas industrias que están vinculadas co mundo da náutica, como estaleiros, empresas de comercialización, etcétera. Tamén hai que destacar, por suposto, a colaboración que nos ten brindado a Xunta de Galicia. Este ano nunha dobre vía: a axuda prestada, como sempre, pola Consellería do Medio Rural e do Mar, non soamente económica senón tamén de carácter técnico; e a colaboración da Consellería de Economía, que sen dúbida ningunha fortalecen á feira e á Fundación Expomar”.
O presidente da Fundación organizadora do evento confía en que “na próxima edición, xa no ano 2017, Expomar teña polo menos, ou incluso supere, os retos que este ano nos marcamos e que conseguimos. E que o padroado da Fundación Expomar siga traballando a prol da divulgación e da potenciación do sector pesqueiro en Burela”.
José Mª González Barcia tamén dixo que “a Feira Expomar dentro das tres grandes feiras da náutica e da pesca no Cantábrico está en segundo lugar. A primeira é Navalia en Vigo e a terceira sería Sinaval en Bilbao. Se non baixamos o listón poderemos seguir situados nese nivel. É significativo que unha localidade de 10.000 habitantes coma Burela conseguise organizar e consolidar un evento coma este. Á feira non ven só xente de Galicia e do norte, senón que aos Encontros Profesionais achéganse persoas do litoral andaluz e do Mediterráneo. Isto fortalece a Expomar, que ten presenza nas revistas especializadas de todo o país, que recoñecen que é un evento importante”.
Para o rexedor burelés “soubemos aunar os esforzos do sector e das administracións. A Fundación está forte, hai xente moi capaz e estamos en boa disposición de manter o que temos. Expomar terá unha larga vida si se actúa con sentido común. Non debería haber riscos. O Concello aporta unha cantidade para o sostemento da Fundación Expomar, todos os anos hai xornadas técnicas e encontros empresariais, e tamén Produart”.
Sobre a posibilidade de que a Feira Expomar teña carácter anual González Barcia amosa temores: “alguén plantexou a posibilidade de facer a feira todos os anos, e iso sería un erro. Si volvemos a ese formato, coa capacidade que ten Burela a nivel organizativo podería ser, pero igual morremos de éxito ao ser repetitivos ano tras ano, porque entón perderíamos expositores e firmas xa que senón xeraron innovacións e produtos non teñen máis que ensinar. O carácter bianual de Expomar fortalece á feira, xa que o sector é capaz de xerar innovacións suficientes como para vir a Burela e mostrarse. A feira non é un núcleo de venda, senón que é un núcleo xerador de negocio, os contactos entre empresas fanse aquí, pero o negocio consolídase a posteriori”.
O presidente da Fundación Expomar lembrou “o importante traballo que realiza esta Fundación, que está recoñecida coma de interese galego. Está recoñecida coma unha Fundación estratéxica dentro da potenciación e da divulgación e do desenvolvemento do sector náutico pesqueiro”.
José Mª González Barcia indicou que “a feira é un factor importantísimo de promoción turística. Se nós tivésemos que pagar todas as veces que o nome de Burela sae con motivo deste evento sería difícil de pagar. E é un factor enorme de dinamización da economía local e da costa. Os hoteis da vila están cun nivel de ocupación moi alto tanto antes coma despois da feira. É un evento cun retorno económico moi importante e dunha repercusión a nivel nacional moi importante”.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.