Recente e breve estadía na cidade de Vigo deparounos a oportunidade de asistir á presentación que alí se fixo do libro “Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Alvaro ante el periodismo y la literatura”.
José Landeira Yrago, escritor e xornalista, compañeiro, como redactor xefe, no Faro de Vigo e amigo íntimo do mindoniense; cando en 1965 éste accede á dirección, Landeira pasa a subdirector ás ordes daquel. Ao producirse a marcha de Cunqueiro do “Faro”(1970) négase a sustituilo no posto. Cinco anos mais tarde a empresa convence a Landeira para facerse cargo do timón do prestixoso xornal, no que permañeceo ata a xubilación. Á súa morte, en 1995, deixou publicados unha ducia de libros e os extensos apuntes (uns 450 folios mecanografados, inéditos), referidos á personalidade e a convivencia co autor de “Merlín e familia”. Esta obra periodística, pero tamén de pensamento profundo, xuizos literarios e reflexión amena sobre a vida (preñada de anécdotas) e a obra dun amigo admirado, ofrece imaxes novas dun dos narradores galegos mais universais, ao tempo que describe as peripecias dun escritor que exerceo o xornalismo como medio de vida, e independencia, que lle permitiría crear os propios universos ficticios, fora das esixencias das editoras. Landeira fala do Cunqueiro mais humán, mais amigo dos amigos, mais creativo e mais inconformista. “Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito arredor do ano 1991, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Falecido Landeira, o seu neto Renato A. Landeira, avogado e xornalista, ordea as notas do avó, actualiza o texto “en pro dunha mellor comprensión da especialísima relación autor-protagonista” editándoas co devandito título. Foron cinco anos de obra conxunta no “Faro de Vigo”, de traballo diario, pero tamén, e moito, de fugas…
O redactor xefe de “La Voz de España”, onde o mindoniense escribía a sección “Verbas”, preguntou nunha ocasión, entre os redactores, quen sabía ingles, co fin de que traducira o pé dunha fotografía. O único que respondeo afirmativamente foi Cunqueiro que, de contado e sen atrancos, o traducíu. Días despois ocurriu o mesmo con outra foto que enviara a mesma axencia de noticias procedendo a traducila nun santiamén. Unha vez publicadas, o representante da axencia fixo saber á redacción que os pes supostamente traducidos nada tiñan que ver co asunto que trataban as fotografías, polo que en adiante xas enviaría traducidas. Sospeitouse que daquela aínda Cunqueiro non sabía inglés. Un redactor recortou a crónica dun xornal e, de parte do director, pediulle ó mindoniense que a traducira; éste, sen inmutarse, negouse: “eu viñen eiquí – dixo – como redactor.Se queredes que faga tamén de traductor, o periódico ten que pagarme un sobresoldo”.
Manuel Halcón, grande amigo de Cunqueiro, cando aquél xa non dirixía o ABC recibíu unha carta datada en Mondoñedo o 12-11-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles, 18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte en la Dirección General de Seguridad, pendiente de una orden de la Secretaría de Mayalde para que lo despachen. Sin pasaporte no puedo ir a Portugal. Si no voy a Portugal no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



