1962, ano pródigo en cultura e deporte locais. O alcalde Beltrán, querendo sacar partida ás augas da ría, pensou na posibilidade de logralo co piragüismo, que podería axeitarse mellor ás condicións naturais da mesma, e con ese fin organizar unha travesía anual á ría. Tivo a intelixencia de involucrar nela a Jacinto Regueira, árbitro internacional de piragüismo, namorado da súa práctica, disposto a realizar canto esforzo e dedicación requirise.. E de verdade que o conseguiu, debido en boa medida ó seu prestixio no mundo do piragüismo. De contado a cita acadou sona entre os practicantes do litoral norte e tamén dos clubes fluviais de Galicia e Castela /León, procedencia da meirande parte dos palistas; Declarouse a proba puntuable para o nacional. Jacinto Regueira chegaba a Foz no coche de líña o día anterior, cargando ó lombo con bandeiras, boias, cordas, sinais e demais pertrechos organizativos, e os numerosos trofeos que ocupaban boa parte do seu tempo, pois debía clasificalos e ordenalos para que se correspondera a relación entre a calidade dos mesmos e o posto logrado na competición. Entón era xenerosa a aportación de altas autoridades – mesmo ministros- de trofeos para a proba; a entrega espertaba grande expectación, para o que se instalaba un amplo palco nos xardíns do porto, diante dunha multitude que abarrotaba o muelle da dársena. Regueira, mestre nacional, home con personalidade, puntualidade inglesa, o cronómetro e o regulamento por bandeira, foi presidente das Federacións Galega e Española, diploma do Comité Olímpico Internacional polo seu labor a prol do deporte, dirixiu competicións e cursiños para árbitros en medio mundo. Él foi alma e corpo do acontecemento que tanto nome díu a Foz e que cumpre os 53 anos, todo un record. O persoeiro singular – Jacinto Regueira – finou hai algúns anos na Coruña. Entre vellos papeis gardamos a caricatura do debuxante lugués Mouriz, con expresiva dedicatoria do deportista, dando fe da nosa afectuosa relación. Graciñas por todo, Jacinto.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



