Lugo, 15 de xullo de 2015.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou este mércores unha iniciativa parlamentaria a través do que o PPdeG demanda á Xunta que estude o xeito de simplificar e axilizar o sistema actual de autorizacións e permisos para a corta de madeira nos montes galegos.
O Grupo Popular pedirá no Parlamento de Galicia que o Goberno autonómico leve a cabo cantas medidas se establezan nese estudo para afondar na coordinación entre os distintos departamentos da administración, xa sexa autonómica ou estatal, con competencias no ámbito forestal.
DEMANDA DOS PROPIETARIOS FORESTAIS
Balseiro manifestou que axilizar todo este proceso sería unha medida moi positiva para favorecer “un mellor e un maior” aproveitamento madeireiro dos montes galegos, pero tamén para facerse eco dunha demanda recorrente dos propietarios forestais e das propias empresas do sector que, dun xeito construtivo, veñen realizando esta demanda.
O voceiro popular lembra que ata o de agora é preciso superar un proceso burocrático en moitos casos farragoso que responde “á natureza territorial complexa do monte galego”. Na superficie forestal se solapan competencias de moi diversas administracións, intereses distintos en función do aproveitamento que se trate ou, incluso, a necesidade de protexer recursos ambientais, hidrolóxicos ou culturais.
“A xestión forestal convive cos máis diversos aproveitamentos agro-gandeiros, mineiros, enerxéticos. Hai tamén intereses económicos, ambientais e culturais relevantes. Os montes desempeñan un papel esencial na protección dos sistemas hidrolóxicos: ríos, regatos, acuíferos, e acollen numerosas e senlleiras mostras do noso patrimonio arqueolóxico ou cultural. Todo isto se materializa na necesidade de solicitar múltiples permisos e autorizacións”, explicou Balseiro.
O Grupo Popular de Galicia considera unha necesidade analizar como simplificar todo este “entramado burocrático complexo”, buscando fórmulas, mecanismos legais, xurídicos, burocráticos para que, coas máximas garantías económicas, administrativas, de respecto ambiental, dea como resultado a axilización práctica os trámites de corta.
PRIMEIRA POTENCIA FORESTAL EUROPEA
Afondando na importancia desta iniciativa, José Manuel Balseiro lembrou que Galicia é a primeira potencia forestal de España. De feito, calcúlase que hai 672.000 propietarios forestais na Comunidade galega, que promoven cada ano entorno a 117.000 expedientes de cortas en montes particulares
Ademais, as estatísticas demostran que unha de cada dez familias recibiron ingresos procedentes de corta no monte cifras que dan imaxe da capacidade de xeración económica, e do sustento social do sector forestal en Galicia. “As cortas dos propietarios particulares, sen ser, polo xeral, a súa actividade económica principal, xogan un papel básico de aforro das economías familiares de moitas áreas de Galicia”, lembrou Balseiro.
O POTENCIAL FORESTAL LUCENSE
Dentro da Comunidade galega, Lugo é a provincia con maior superficie forestal arborada, con 488.681 hectáreas, o 34,31 por cento do total, motivo polo que o Grupo Popular escolleu esta provincia para presentar unha iniciativa de ámbito autonómico.
En Lugo moi en particular, nos últimos anos as cortas de madeira de eucalipto situáronse establemente por riba do 50 por cento do total de aproveitamentos de uso industrial.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



