Ribadeo, 5 de agosto de 2015.- Máis de 26.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais durante o mes de xullo, segundo os datos que este mércores deu a coñecer a concelleira de Turismo, Ana Martínez. Desa cifra mais17.000 foron os visitantes que demandaron información no punto de Augas Santas, que leva funcionando xa cinco anos a pé de praia.
A edil nacionalista subliñou “o bo posicionamento que está a ter a nosa web turismo.ribadeo.gal debido ás numerosas consultas que recibe de viaxeiros para preparar a súa viaxe, rumbo a Ribadeo. Esas persoas posiblemente non demanden información nas oficinas de turismo do noso concello. As cifras, en total, son similares ás rexistradas en anos anteriores”.
Ana Martínez indicou que “o turismo internacional acadou neste mes de xullo o 14% dos visitantes chegados a Ribadeo. Trátase dun máximo histórico. Son cidadáns procedentes de Francia, Alemaña, Reino Unido e Italia, pero tamén chegan desde Polonia, Arxentina ou mesmo Australia. Este é un dato moi bo sobre a posición de Ribadeo como destino turístico, que cada vez está máis internacionalizado”.
Dentro do territorio español os que máis elixen Ribadeo para pasar unha parte das vacacións son os procedentes de Madrid e Castela-León, “e moi significativo é este ano o aumento dos andaluces que se achegan ata a nosa terra e despois tamén de comunidades máis próximas como é o caso de Euskadi e de diferentes puntos de Galicia”.
A concelleira de Turismo sinalou que “cada vez son máis os peregrinos que escollen o Camiño Norte para facer esta ruta cara Compostela. Cada vez ten unha importancia máis significativa, quizais chegan tamén alentados pola súa declaración como Patrimonio da Humanidade e penso que iso aínda o pode facer máis atractivo. De feito 1.265 peregrinos pasaron por Ribadeo durante o mes de xullo. Isto hai que destacalo porque tamén se nos fai complicada a súa acomodación, xa que temos dous albergues. Un do Xacobeo que conta con só 12 prazas co cal debemos incidir na necesidade que ten Ribadeo, como porta de entrada a Galicia que é, para contar con outro albergue con máis capacidade. E o Concello contra con outro albergue, que dispón de 34 prazas, situado en Vilela”.
Martínez engadiu que a “Ribadeo chegan os visitantes de diversas maneiras e tamén o fan por mar. Segundo os datos que nos facilitan desde o Real Club Náutico de Ribadeo en xullo foron 151 as embarcacións que atracaron no porto deportivo, o que supón que chegaron arredor de 600 persoas por esa vía, polo mar, procedentes de Francia, Reino Unido e Holanda”.
Sobre a praia das Catedrais a concelleira de Turismo dixo que “a diferenza do que ocorría anos anteriores a xente concéntrase nas tres ou catro horas da baixamar. Outros anos estaba máis repartida. E na oficina de turismo alí instalada non demandan información sobre Ribadeo ou sobre A Mariña, o que piden agora son datos da baixamar, de cómo baixar á praia, sobre os pases que deben retirar, etc… o importante para eles é non deixar de baixar á praia, que na información do entorno. Outra cousa importante é o desvío dos aparcadoiros cara Barreiros, o que supón un punto de inflexión no xeito de chegada e de saída á praia das Catedrais”.
Ana Martínez tamén destacou a boa acollida que están a ter as xeorrutas que o Concello puxo en marcha o pasado 15 de xullo. “Máis de 1.000 persoas as realizaron esas visitas interpretativas do noso litoral, para a dar a coñecer toda a biodiversidade deste espazo, promovendo o coñecemento necesario tamén para a súa conservación, que coñezan a importancia biolóxica e medio ambiental da zona”. A xeorruta dos arcos é a que discorre pola praia das Catedrais é e xeorrutas dos ollos é a que vai ata Rinlo.
A concelleira nacionalista incidiu en que “Ribadeo se consolida como referente turístico. Ribadeo é destino escollido polos visitantes para pasar unha parte das súas vacacións” e destacou a calidade dos hoteis e dos comercios dos que poden gozar todos os que visitan este concello.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



