Ribadeo, 5 de agosto de 2015.- Todo está listo en Ribadeo para celebración mañá dunha nova edición da Noite Flúor, unha cita na que participarán 40 establecementos comerciais. Haberá, entre outras cousas, regalos e música en directo. A Noite Flúor é organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Os 40 locais participantes estarán abertos de nove a doce da noite mañá, 6 de agosto, “tempo no que os que o desexen poden atopar interesantes descontos en tendas, así como regalos, sorpresas e música en directo. Ademais, o tren turístico cultural da vila ofrecerá servizos de balde para visitar as tendas que se dan cita na Noite Flúor e que se atopan situadas nas rúas San Roque, Ramón González, Reinante, San Francisco e Rodríguez Murias, e nas avenidas de Galicia, Rosalía de Castro e Calvo Sotelo”, explican desde a directiva de Acisa. O servizo do tren flúor será totalmente gratuíto: “no tren haberá unha animadora flúor, que en cada parada comentará todas as ofertas, actividades e agasallos que as tendas ofrecen”.
Desde a directiva de Acisa sinalan que “haberá música nas rúas Rodríguez Murias e Ramón González e na rúa Reinante haberá xogos para @s máis pequen@s: patinetes, colchoneta, simulador de surf, etc… haberá monitores, pero os cativos terán que estar acompañados polos seus pais”.
Desde Acisa animan “a todo o mundo a achegarse ás tendas o xoves de 21 a 24 horas e a gozar das múltiples propostas que atoparán nelas. A Noite Flúor, que organizamos desde hai algúns anos é sempre un éxito, que agardamos repetir neste verán de 2015”.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



