Foz, 5 de agosto de 2015.- O anuncio da dotación orzamentaria de 23 millóns de euros para a A-82 até o ano 2019 nos presupostos do Estado foi acollido con satisfacción polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. “En principio irán máis avanzados os dous tramos dende Barreiros-Foz e Foz-Burela”, sinalou, engadindo que “para o noso concello e para A Mariña en xeral é unha magnifica nova que vén corroborar todas esas noticias que viñamos dando dende o Concello de Foz, esas informacións que nos chegaban dende o Ministerio de Fomento, dende delegación de Galicia, coa que tivemos innumerables reunións para tratar de activar esta infraestrutura tan importante para a Mariña”.
Castiñeira tamén tivo palabras de agradecemento para a responsable de Fomento do goberno central, Ana Pastor, e para os beneficios económicos que traerá para a zona a construción da A-82: “agradecemos á ministra de Fomento, a galega Ana Pastor, este compromiso coa Mariña que se adquiriu hai uns meses en Santiago e que agora se corrobora. Primeiro, iniciando os proxectos do tramo de Foz e dotando con partidas económicas o ano próximo e o 2017, 2018 e 2019, que son os de máis investimento e construción, posto que unha vez rematen os proxectos entendemos que virá o período de expropiación e logo o período de construción será entre os anos 2017, 2018 e 2019”.
O rexedor municipal focense destacou tamén que a autovía A-8 está traendo moitos visitante á comarca: “é un perfil de futuro para a comarca importante, de boas infraestruturas xeradoras de actividade e riqueza, como a A-8, tanto os tramos asturianos como o que se rematou hai un ano da variante de Mondoñedo. Estamos moi contentos porque está traendo moita xente á Mariña e porque estamos vivindo un momento moi interesante grazas sobre todo a esa recuperación das infraestruturas, que ben merecido o tiña A Mariña”.

























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



