Desde o Grupo Municipal Nacionalista presentamos no Rexistro do Concello un rogo para a súa toma en consideración polo equipo de goberno local.
Este rogo presentouse porque hai catro anos que se aprobou por unanimidade unha moción do noso grupo coa que se pretendía poñer fin á pegada indiscriminada de carteis en cada proceso electoral pola mala imaxe que se daba de Xove. Esta decisión unánime foi respectada por todas as formacións políticas con representación institucional no noso municipio, agás nas eleccións municipais que tiveron lugar o pasado mes de maio, nas que desde o PP foron incapaces de cumprir as normas aprobadas por eles mesmos.
A consecuencia deste feito é que unha medida exemplarizante coma esta vén de ser eliminada unilateralmente polos populares á primeira de cambio. Por esta razón, facémonos dúas preguntas:
• Este é o mellor exemplo que deben dar as institucións públicas á cidadanía?
• De que maneira pode unha administración esixirlle o cumprimento das normas aos veciños se o Goberno local despreza os seus propios regulamentos municipais?
A actitude amosada polos populares é unha irresponsabilidade que provoca que os carteis electorais se manteñan varios meses, e incluso anos, pegados polos muros e valados. Asemade, esta conduta responde a un modelo obsoleto de ausencia de compromiso cos valores medioambientais e estéticos que non debe ter cabida no noso municipio.
Por todo isto, vémonos na obriga de solicitarmos novamente no pleno que o PP de Xove acate o acordo recollido na acta do día 17/10/2011 colocando a propaganda electoral nos lugares debidamente indicados e sinalizados polo Goberno local, co obxectivo de dar unha imaxe moderna e civilizada para facermos de Xove un municipio atractivo e coidadoso coa súa contorna.





















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



