A deputada socialista, Pilar García Porto, sinalou este martes “o novo exemplo do populismo e da hipocresía que caracteriza ao Goberno provincial do Partido Popular”, que supuxo a visita de Candia e Balado ás instalacións da Fundación de Daño Cerebral en Castro de Rei. “Populismo porque foron a vender fume, posto que a única realidade é a subvención de 100.000 euros que o Goberno progresista da Deputación concedeu a este colectivo sen ánimo de lucro. E hipocrisía porque o único que fixo o Partido Popular por Fudace foi impedir a ampliación dos seus servizos no San Rafael”.
García Porto subliñou que nin na Deputación de Lugo, nin no Concello de Castro de Rei nin na Xunta de Galicia, o Partido Popular apoiou o proxecto de Fudace para incrementar as súas prestacións na provincia. Consistía na cesión gratuita do San Rafael por parte da Deputación de Lugo e na adaptación destas instalacións a través das axudas públicas que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), departamento dependente da Consellería de Medio Rural.
“O PP non apoiou este proxecto dende ningunha das administracións por puro capricho político, porque era unha iniciativa que contaba co respaldo absoluto do Goberno progresista da Deputación de Lugo pola súa viabilidade e ambición social e económica. Pois suporía, por un lado, a creación de novos servizos para persoas dependentes en impulso do benestar, do emprego e da economía local; así como a posta en valor dun edificio provincial cun uso público e social, que tamén por capricho político deixou abandonado Feijóo”.
A Deputada socialista salientou que “co seu capricho”, o Partido Popular truncou o proxecto de Fudace no San Rafael, impedindo situar neste inmoble os seguintes servizos:
1.- Un novo centro de atención a grandes discapacitados que cubra a falta de recursos en Galicia. Na Comunidade só hai un único centro destas características, que se sitúa en Ferrol.
2.- Ampliar o número de prazas para persoas con dano cerebral, cando nas instalación de Castro de Rei hai listaxe de espera.
3.- Poñer en marchar un centro para atender discapacitados con trastornos de conducta. Son casos complicados onde con frecuencia non hai onde tratalos.
4.- Un centro de novas tecnoloxías e produtos de I+D+I que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas dependentes, un campo pioneiro en Galicia que está a crear emprego en Madrid, Barcelona, Valencia ou País Vasco.
Apoios
Dende o primeiro momento, o Goberno progresista na Deputación de Lugo deu o seu apoio a Fudace e estaba disposto a cederlle gratis o uso do San Rafael, posto que as características deste inmoble se axustaban ás necesidades deste colectivo social sen ánimo de lucro. O PSOE levou varias mocións tanto á Deputación de Lugo como ao Concello de Castro de Rei, reclamando o imprescindible apoio da Xunta de Galicia. O PP nunca apoiou estas iniciativas e nunca fixo xestión algunha para acadar o respaldo do Goberno galego. Finalmente, Agader rexeitou a proposta de Fudace, que non recibiu nin un só euro para obras no San Rafael.
Feijóo só abandonou os inmobles de Lugo
Cando Feijóo foi Secretario Xeral do Servizo Galego de Saúde (1991-1996), o popular dirixiu o proceso de transferencia dos hospitais provincias de Rebullón, Tóen e Conxo, nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. En todos estes casos, Feijóo decidiu que o Sergas asumise tanto o persoal como os inmobles. Posteriormente, sendo xa Presidente da Xunta, non fixo o mesmo cos hospitais provinciais de Lugo, San Rafael e San José, onde deixou no olvido aos edificios. Todo isto, aínda asegurar, públicamente, nun acto en Castro de Rei antes das eleccións do 2009, que non ía a deixar abandonado o San Rafael. Mentiu aos veciños, ao igual que o actual Acalde e Deputado provincial do PP, pois, tamén previamente a ditos comicios e estando na oposición, Francisco Balado ata organizou unha manifestación para reclamar que non se abandonase o San Rafael. Logo, sendo xa Rexedor, non fixo xestión algunha para que os seus compañeiros do PP asumisen este inmoble, ao igual que fixeron nas restantes provincias galegas, nin apoiou o proxecto de Fudace para tivese de novo actividade, xerando emprego e impulsando a economía local do seu Concello.
Nova alternativa viable
Logo de que o PP truncase o proxecto de Fudace no San Rafael, o Goberno progresista na Deputación de Lugo buscou unha nova alternativa viable para a posta en valor destas instalacións provinciais. Deste xeito, aprobou un protocolo de colaboración coa USC para a posta en marcha dunha Escola Agropecuaria no San Rafael. Os obxectivos deste proxecto son favorecer saídas laborais a persoas en risco de exclusión social, capacitándoas para traballar no sector agropecuario; e inserir familias no ámbito rural galego mediante a posta en marcha de novas explotacións agropecuarias. Para elo, Deputación e USC acordaron crear unha escola de explotación agropecuaria nestas instalación provinciais, nas que ofrecer formación gratuíta sobre o sector; por en funcionamento un banco de terras que permita a creación de novas explotacións agropecuarias no rural; e impulsar o funcionamento destes negocios, favorecendo a dispoñibilidade dos recursos financeiros, apoiando o soporte administrativo-legal, garantizando un asesoramento técnico práctico ou contribuíndo a súa integración nas cooperativas agrarias do seu ámbito xeográfico.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



