As Feiras e Festas das San Lucas de Mondoñedo, as máis antigas de Galicia, celebraranse entre os días 16 e 20 de outubro “cun programa que mestura tradición e modernidade”.
O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, destaca a importancia das Feiras e Festas das San Lucas, que naceron no ano 1156, tras que o Rei Alfonso VII lle “outorgara a Mondoñedo o título de cidade e lle dispensara a graza de poder facer unha feira anual de oito días. E dende aquela a tradición segue pervivindo no século XXI”.
Souto engadiu que “As San Lucas celébranse porque tódolos visitantes e feirantes, que xunto cos mindonienses, seguen sendo fieis ás súas tradicións, e así o transmiten de xeración en xeración. Por iso, o que pretendemos dende a comisión de Feiras e Festas que presido, é que Mondoñedo o 18 de outubro volva a ser a capital que foi no Antigo Reino de Galicia, e queremos que as galegas e galegos se sintan orgullosos de ter unha das feiras máis antigas de Europa, que as desfruten e as sintan súas”.
Programación
O programa das festas deste ano comezará o venres 16 e finalizará o martes 20 de outubro. Jenaro Castro Muíña, licenciado en xornalismo, director dos informativos non diarios de Televisión Española e director e presentador do programa “Informe Semanal”, será o pregoeiro desta edición. E o mesmo día 16 de outubro, realizarase unha representación teatral na Praza da Catedral, con guión e dirección de Manuel Lourenzo, baixo o titulo de ‘As donas do ar’. Posteriormente, ofrecerase a ofrenda ante a tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral de Mondoñedo. A música o venres 16 de outubro virá da man das orquestras Sintonía de Vigo e Orquestra da Televisión, na Alameda.
O sábado 17, coñecido como “Día das Vésperas”, comezará con actividades ecuestres, xa que o cabalo é o protagonista das San Lucas. O campo de feira acollerá a final da Copa Galicia do concurso morfolóxico de Pura Raza Cabalo Galego, Gran Premio Deputación de Lugo. Xa pola tarde, a partir das catro, terá lugar unha nova edición do “Encontro de Música e Baile Tradicional” co desfile das bandas polas rúas de Mondoñedo chegando á Praza da Catedral onde actuarán todos os grupos.
Igualmente, o sábado arredor das seis e media, agárdase a tradicional chegada dos cabalos polas rúas ata o Campo da Feira. Souto explica que “seguindo a tradición, os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo o ano en liberdade pacendo nos montes da comarca, e nunha gran manada tráenos para a feira, como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas ó ar”, que patean as pedras das rúas. Algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaron en 1.156. Esta imaxe é un espectáculo etnográfico de relevancia e cada ano atrae a máis turistas e amosa unha das mellores estampas das San Lucas”.
Cara ás sete e media do serán, na Casa da Xuventude O Clube Teatral Elsinor presenta a obra “A xente pálida pel flores de Álvaro Cunqueiro”, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. E a programación do día pecharase no auditorio Pascual Veiga co monólogo de Xabier Veigaa partir das nove e cuarto; mentres que as orquestras Miramar e Claxxon ofrecerán unha verbena na Alameda despois das dez e media da noite.
O domingo día 18, o día grande das San Lucas, “os cabalos son os auténticos protagonistas coa gran feira tradicional de gando cabalar. Hai un programa intenso de actividades no eido cabalar, concursos, exhibición de doma”, explica o presidente da asociación organizadora, quen engade que “o día grande é o día por excelencia, dos tratos, dos regateos, de sanluquear, dos cabalos, da maquinaria, das gaitas, do polbo, de subir ás atraccións, e faise todo cunha especial ledicia, porque as San Lucas son feira e son festa, son lugar de encontro. As San Lucas seguen mantendo a súa esencia, nelas mesturase tradición e modernidade, musicas tradicionais e actuais, teatro, monólogos, e seguen sendo útiles a todos, a feirantes e visitantes e cumprindo as expectativas e necesidades de ambos, como na súa orixe en 1.156”.
Este mesmo domingo 18 de outubro no auditorio municipal ofrecerán un concerto o grupo de rock Los Secretos. Neste caso, as entradas están á venda a través do seguinte enlace http://entradas.abanca.com. Cara ás nove do serán haberá outro concerto da man de Sés na Praza da Catedral con entrada de balde. As orquestras do día grande son Fania e Jerusalén.
O luns día 19, día do medio, haberá pola mañá pasarrúas de grupos de gaitas e títeres e, polo tarde, o concurso de andadura, nas modalidades de serrada e chapeada no recinto da Granxa. Nesta xornada tamén haberá teatro a partir das sete da tarde con “As Luces do Caselo” de Katarsis Teatro, no auditorio . Á noite, na Alameda, “temos algo moi especial, o festival ‘Voces da Paula’, unha gala musical feita por mindonienses na que intervirán cantantes amateurs e profesionais”, di Souto. As orquestras que actuarán na alameda son Palladium e Nova Generación.
O último día das festas é o martes 20, o “Día das Maulas”, no que actuará unha das mellores orquestras de Galicia, a París de Noia.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



