Mondoñedo, 16 de outubro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, destacou a importancia de seguir apostando pola promoción de produtos tradicionais e artesanais, como a tarta de Mondoñedo, que supoñen un atractivo gastronómico e turístico de primeira magnitude para as localidades nas que se comercializan e porque, desta forma, contribúen á creación de riqueza e emprego no medio rural lucense.
José Manuel Barreiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita ao obradoiro da Pastelería Val de Brea, onde puido comprobar en primeira persoa o laborioso traballo de confección dunha destas afamadas tartas que fan a delicia de miles de visitantes. Barreiro estivo acompañado pola alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, polo secretario xeral provincial, José Manuel Balseiro e por outros cargos públicos da zona.
O líder do PP de Lugo destacou que “a nosa provincia, e esta comarca moi en particular, dispón dunha riqueza gastronómica excepcional; de produtos propios de gran calidade que son recoñecidos polos consumidores; pero tamén dun gran número de emprendedores e empresas, moitas delas familiares, que impulsan distintas iniciativas asentadas no aprovechamiento de produtos tradicionais”. Por iso, matizou Jóse Manuel Barreiro, “todas merecen todo o noso apoio e recoñecemento”.
Pregón das San Lucas
Ademais, o presidente provincial dos populares lucenses aproveitou a súa estancia en Mondoñedo para participar nos actos programados na xornada de inicio das festas e feiras das San Lucas, as máis antigas de Galicia, que se veñen celebrando de forma ininterrumpida desde o ano 1156. Estivo presente tanto na recepción de autoridades, como na posterior ofrenda floral na tumba do Mariscal Pardo de Cela e no pregón que, nesta ocasión, correu a cargo do xornalista, Jenaro Castro.