As candidaturas pódense presentarse ata o 30 de xuño por persoas ou entidades a través da sede electrónica da Deputación e as bases, con toda a información da convocatoria, pódense consultar no BOP do día 29 de maio
Lugo, 31 de maio de 2025. A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo para presentar candidaturas á sexta edición dos Premios á Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo, tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases que regulan esta convocatoria. Trátase dunha iniciativa consolidada que busca recoñecer publicamente o labor de persoas, entidades e proxectos que contribúen a fortalecer e poñer en valor o sector turístico e gastronómico lucense.
Estes galardóns, promovidos polo Consello Provincial de Turismo, forman parte da estratexia da Deputación para impulsar un modelo turístico sostible, competitivo e de calidade, apoiando ao tempo o dinamismo empresarial, a innovación e a conservación das tradicións locais. Tal e como explicou a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, “estes premios son unha medida máis para apoiar e visibilizar o excelente traballo que se está a facer no noso territorio, tanto no ámbito do turismo como na gastronomía, dous sectores clave para o desenvolvemento da provincia”.
A convocatoria mantén as tres categorías:
Premio Lugo Cambia ao Turismo Lucense, que recoñece iniciativas que promovan de maneira destacada o turismo na provincia.
Premio Turismo Sostible, dirixido a proxectos exemplares por fomentar un modelo turístico respectuoso co medio ambiente e a identidade local.
Premio …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, centrado na posta en valor da calidade e singularidade da oferta gastronómica da provincia.
As candidaturas poderán ser presentadas durante este mes, ata o 30 de xuño, por persoas físicas ou xurídicas, entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, estatal ou internacional, sempre que teñan unha repercusión positiva no turismo ou na gastronomía da provincia ou dunha zona concreta. As propostas poden realizarse directamente ou a través dunha terceira persoa, con consentimento expreso da persoa ou entidade candidata a través da sede electrónica da Deputación.
O xurado, composto polos membros do Consello Provincial de Turismo, encargarse de valorar as candidaturas segundo criterios como a contribución ao desenvolvemento turístico da provincia, a singularidade da proposta e a súa capacidade para mellorar a imaxe e proxección de Lugo como destino turístico e gastronómico. Poderanse conceder ata tres premios nas categorías de Turismo Lucense e Gastronomía Lucense, e un único galardón na de Turismo Sostible. Ademais, o xurado poderá outorgar ata tres accésits adicionais.
A entrega dos premios está prevista para finais de setembro, nun acto público que reunirá representantes institucionais, premiados e profesionais dos sectores implicados. Os galardóns consistirán nun diploma acreditativo e un agasallo institucional, como en edicións anteriores.
As bases completas da convocatoria están xa dispoñibles no BOP do 29 de maio de 2025 e poden consultarse na páxina web da Deputación de Lugo.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



