Lugo, 31 de maio de 2025. A Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición Os maragatos da porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia.
A exposición, que estará na vila ata o 5 de xuño, foi inaugurada polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A Mostra está composta por doce paneis en galego e castelán, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuítamente aos visitantes.
Os Maragatos da porta de San Pedro
Cara a 1880, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García (Lugo, 1895).
Con este motivo, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo, e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro María Del Carmen Pérez-Carro García, a máis nova dos membros da terceira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro.
Un pouco de historia
A primeira xeración dos Maragatos da Porta Toledana, avós dos actuais, estableceuse primeiro fronte á Porta San Pedro, fóra de murallas, para alí poder comercial libremente sen ter que pagar os fielatos, un dos cales estaba precisamente situado nesta Porta. Crese que Tomás Pérez Carro (que faleceu en Lugo en 1914) e a súa esposa Vicenta García Carro (falecida en 1944) chegaron a Lugo en 1880 procedentes de Santa Colomba de Somoza, na Maragatería, aínda que como o matrimonio se celebrou o 3 de febreiro de 1883, hai que supoñer que Tomás veu só e, unha vez afianzado en Lugo, casou en Santa Colomba de Somoza e entón a súa muller acompañouno a esta cidade.
A segunda xeración conformárona os seus tres fillos: Carmen Pérez- Carro García que casa con Tomás Carro, tamén maragato, en 1913, e falecería sen descendencia en 1944; María Dolores Pérez-Carro García, que falecería en 1911; e Tomás Pérez-Carro García, nacido en 1895 e falecido o 19 de abril de 1981, que casou en 1932 con María Dolores García Crespo, nacida en 1905, de familia maragata residente na Coruña.
Do matrimonio Pérez-Carro García-García Crespo naceron seis fillos, que conforman a terceira xeración: Tomás (1933), falecido en 1939; María Dolores (1934), falecida en 1992; José (1936), casado
con Gabriela Fole Nieto, falecido en 2016; Andrés (1936), casado con Adela Ríos Panisse; Vicente (1938), casado con María Isabel López- Acuña López, falecida en 2020; e María Del Carmen Pérez-Carro García (1942).
María Dolores, Licenciada en Económicas, foi Delegada en Lugo do Padroado Nacional de Protección de Menores; José, estivo dedicado aos negocios da familia; Andrés, Cardiólogo da Seguridade Social, na actualidade xubilado; Vicente, avogado, foi Asesor Xurídico do Concello de Lugo e María del Carmen, Licenciada en Ciencias Políticas e en Dereito, Graduada en Maxisterio coa carreira elemental de piano, abandonou todas estas actividades para dedicarse en exclusiva ao negocio familiar da rúa de San Pedro para rexer a máis orixinal e emblemática tenda da capital lucense.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



