O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, destacou que “a nova sede servirá para escoitar á veciñanza e fortalecer o proxecto socialista de cara ás municipais de 2027
O Vicedo, 31 de Maio de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, inaugurou hoxe a nova Casa do Pobo de O Vicedo, “un novo espazo que será un lugar de encontro para toda a veciñanza e que contribuirá a construír alternativas sólidas e comprometidas coa realidade local”, sinalou.
O líder provincial incidiu en que a apertura desta sede responde “á vocación socialista de impulsar espazos de encontro para construír proxectos apegados á cidadanía, unha tradición que se remonta a 1908, cando Pablo Iglesias inaugurou a primeira Casa do Pobo en Madrid”. Foi unha inauguración especialmente emotiva, con numerosos recordos e guiños aos inicios da agrupación local, fundada no ano 1983, e ás persoas que contribuíron a levantar o proxecto socialista no municipio.
Acompañaron a Tomé Roca neste acto o Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e a Secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez; así como o Senador por Lugo, César Mogo; e a Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López.
Tomé Roca destacou que “a partir de hoxe ponse a disposición de todos os colectivos do Concello este novo espazo para escoitar as demandas da cidadanía e tamén para transmitir os logros e avances polos que traballa o Partido Socialista”. O líder provincial sinalou que “esta sede nace para darlle un novo impulso a O Vicedo” e subliñou que “a agrupación local está medrando, con máis forza, máis proximidade e máis capacidade de construír futuro”.
“A candidata ou candidato para as municipais de 2027 terédelo que escoller vós, desde a base”, afirmou, dirixíndose á militancia, á que animou a “seguir traballando con ilusión”. Garantiu que “contaredes co apoio da Deputación Provincial de Lugo, que está a investir nesta comarca e aposta pola súa recuperación tras 46 anos de goberno do PP”. E concluíu: “Estamos no bo camiño”.
José Ramón Gómez Besteiro puxo en valor a iniciativa da agrupación local e do partido na provincia, subliñando que “abrir unha Casa do Pobo é sempre un acto de compromiso co territorio, pero tamén un acto de ilusión e esperanza”. O líder do socialismo galego destacou que “este partido está máis vivo ca nunca, con moita canteira, moitas gañas e unha gran capacidade para unir á xente pensando no ben común”.
Besteiro animou á militancia a “seguir traballando con forza e ilusión. Dentro de dous anos revalidaremos a Deputación de Lugo, recuperaremos alcaldías clave como a de Viveiro e gobernaremos no Vicedo”. Subliñou que “o obxectivo é cambiar a vida da xente” e lembrou que “xa o estamos facendo co incremento do salario mínimo, o reforzo do sistema público de pensións ou as políticas en vivenda, dependencia e sanidade”. “Isto é o que nos move: facer política útil, centrada nas persoas e nos seus problemas reais”, afirmou.
Tamén valorou “a excelente ubicación da nova sede”, e animou a que “se converta nun espazo de encontro, de escoita activa e de activación política, onde se propoñan ideas e se constrúa, entre todas e todos, unha alternativa de futuro para O Vicedo”.
Durante o acto interviñeron o Secretario Xeral da agrupación local, Juan Carlos González; o Secretario de Organización, José Ramón García; a Concelleira Lucía Prieto; e o fundador da agrupación, Luis Lozano, que lembrou os inicios do PSdeG en O Vicedo no ano 1983.
Desde a agrupación socialista sinalan que “a veciñanza é o que nos move a traballar día a día, por iso queremos que este espazo sexa tamén a vosa casa, un lugar onde contar, propoñer e sumar”.
Pola súa banda, a Concelleira Lucía Prieto, engadiu que “este novo espazo nace co obxectivo de ser un punto de encontro aberto á cidadanía, un lugar onde escoitar, compartir ideas e construír entre todas e todos un Vicedo mellor. A Casa do Pobo representa o compromiso coa participación, coa proximidade e coa política feita desde abaixo, desde a xente”.
Á cita acudiron tamén a voceira socialista no municipio, Verónica Canoura; os Alcaldes de Trabada, Rubén García; de Ourol, José Luis Pajón; e de Vilalba, Marta Rouco; así como concelleiros socialistas da Mariña; representantes institucionais e orgánicos doutras agrupacións da comarca e da provincia; xunto con militantes, simpatizantes e veciñas e veciños da contorna.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



