Foz, 8 de outubro de 2015.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou este xoves á tarde nunha xornada de networking con empresarios de Foz co obxectivo de escoitar as súas propostas e trasladarlle as principais liñas de actuación da Consellería en eidos como o financiamento, a innovación, a internacionalización, ou o apoio ao comercio de proximidade.
No encontro, celebrado no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), avaliáronse diferentes medidas para continuar a impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas e a posta en marcha de novas iniciativas. Neste sentido, o conselleiro afondou nas accións contempladas na Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos que a industria creza ata chegar ao 20% do PIB galego no ano 2020, e a creación de 50.000 novos empregos; ou nos diferentes instrumentos de financiamento dispoñibles no programa Galicia 1000.
A través dos diferentes programas e iniciativas, os últimos anos a Consellería que dirixe Francisco Conde destinou máis de 1,7 millóns de euros ao apoio de máis de 700 proxectos promovidos en Foz, impulsando investimentos de preto de 4 millóns de euros.
No eido da simplificación administrativa, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria lembrou a Lei do Emprendemento e da Competitividade, na que se suprimiron con carácter xeral as licenzas municipais de obra e actividade substituíndoas por unha comunicación previa, así como a creación das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que asumen a responsabilidade do contido destas comunicacións fronte á administración pública.
Do mesmo xeito, Conde recordou o decreto que pon en marcha unha xanela única para a apertura de gasolineiras ou a próxima activación da oficina Doing Business, unha ferramenta pioneira que nace como unha canle áxil e directa de interlocución que permitirá escoitar a cidadáns, emprendedores e empresarios co obxectivo de simplificar e mellorar a tramitación administrativa de proxectos.
Francisco Conde trasladoulle así mesmo aos participantes na reunión que unha economía máis internacionalizada é sinónimo de fortaleza e competitividade, lembrando que a Xunta destinará ao desenvolvemento da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 50 millóns de euros nos dous próximos anos.








Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



