As monitoras de Gaia realizaron este xoves un taller de adornos de Nadal cos usuarios de Camiña: “fixeron varios adornos para decorar o árbol e o centro, todos eles con material de reciclaxe (piñas e corchos)”. Os rapaces e rapazas puideron gozar dando renda solta á súa creatividade “e comprobaron que con materiais que todos temos ou podemos conseguir fácilmente pódense facer verdadeiras marabillas”, explicaron as monitoras de Gaia do Concello de Burela.
Taller de Nadal con usuarios de Camiña