Ribadeo, 17 de febreiro de 2016. Francisco González López é o gañador do II Concurso de Cartas de Amor que convocou a galería ribadense Terra Branca para celebrar San Valentín.
“Tras deliberar, o xurado composto por Mini López-Santos Santiago e José Ramón Leal Segura e baixo o asesoramento profesional do poeta Paco Rivas, ditaminou que o gañador da Segunda edición do concurso Cartas de Amor de Terra Branca sexa Don Francisco González López de Oviedo (43 anos)”, sinalan desde a galería.
José Ramón Leal felicita ao gañador: “personalmente quero dar as grazas aos membros do xurado pola súa colaboración e tamén agradecer a participación de todos os concursantes…aos que convocamos xa para a terceira edición deste concurso dedicado ao amor”.
Francisco González López recibirá como regalo unha figura do ceramista Otero Regal.