Ribadeo, 22 de xullo, 2025. Nun primeiro momento, e a falta de ter os datos definitivos, desde o BNG de Ribadeo denunciouse que a cantidade que se adebedaba era duns 662.000€, pero, unha vez actualizadas as facturas que faltaban por contabilizar, a cifra ascende a case un millón de euros, un total de 952.791€. Unha cifra que se disparou en tan só un ano, e que conleva que autónomos e empresas de Ribadeo leven máis de un ano esperando a cobrar os traballos realizados para o Concello.
O voceiro do BNG, Pablo Vizoso: “Tal e como sospeitabamos, o importe das facturas de 2024 pendentes de pago é superior á cifra inicialmente publicada. Segundo o informe de intervención que nos denegaron en numerosas ocasións, e que finalmente obra no noso poder, podemos afirmar que o importe ascende a 952.791,76€. Este é un dato incuestionable: así consta no informe de intervención. Todo o gasto descontrolado que levamos meses e meses denunciando acaba tendo un custo real. Non son só cifras, estamos a falar de persoas físicas e xurídicas que levan bastante máis de un ano agardando a recibir o pagamento polos traballos que realizaron para o Concello. Familias enteiras que dependen en maior ou menor medida destes pagos”.
Vizoso engadiu: “O goberno do PP é directamente responsable desta situación crítica. O prestixio da institución está polo chan, e como xa anunciamos, no ano 2024 só puideron declarar aforros por valor de 224.753€. Cando e como pensa pagar o alcalde estas facturas? Como van pagar se xa hai un bo número de partidas esgotadas no orzamento do 2025? E todo isto tendo en conta que aínda queda a metade do ano. Daniel Vega e o goberno municipal do PP deben reaccionar se non queren acabar con todo; que o fagan polas e polos ribadenses que son aos que se deben”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



