A Pontenova, 22 de xullo de 2025. A Xunta de Galicia apoia ao club Motoreo, da Pontenova, na organización do IV Descenso de Carrilanas, que se celebrará os días 26 e 27 de xullo. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá na presentación da proba, nun acto que se desenvolveu na praza dos Fornos da localidade con representantes do colectivo organizador e das entidades colaboradoras.
O evento da Pontenova é a única proba do Campionato Europeo de Carrilanas FISD deste ano e ademais é puntuable para a Copa Galicia e a Copa de España desta modalidade. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro venres, 18 de xullo. Apuntáronse xa arredor de 80 participantes, procedentes de sete países europeos, e os organizadores agardan superar o cento de inscritos.
O comezo do IV Descenso de Carrilanas da Pontenova adiantarase ao venres 25, cun desfile das bandeiras das nacións participantes polo centro do pobo. A proba propiamente dita comezará o sábado, ás 11.00 horas, co remonte dos participantes dende a praza dos Fornos, seguido dos adestramentos oficiais e dúas baixadas cronometradas. O domingo, o remonte farase ás 8.00 horas e logo haberá de novo adestramentos e dúas mangas oficiais. As carrilanas baixarán dende Vilar das Pedras ata A Pontenova.
Javier Arias valorou o esforzo dos organizadores para manter este evento “que representa un exemplo de como tradición, deporte e dinamización turística poden ir da man”. Destacou ademais o apoio da Xunta a esta iniciativa “pola súa capacidade de proxección internacional, a súa conexión coa identidade cultural e o seu impacto positivo tanto económico como social na comarca”.
Como actividade complementaria ao Descenso, o club Motoreo promove na mesma fin de semana o 4º Festival Internacional de Maxia da Pontenova, con actuacións de ilusionistas recoñecidos a nivel nacional e internacional en distintas localizacións do municipio. O prato forte será o domingo, coa Gala de Maxia infantil, na praza dos Fornos ás 12.30 horas, e a Gran Gala Final de Maxia, na Casa da Cultura, ás 20.00 horas.
Apoio da Vicepresidencia da Deputación
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co club Motoreo na organización do IV Descenso de Carrilanas da Pontenova.
A área de Mocidade achega 3.000 euros á organización da proba, na que se prevé a participación de máis dun cento de vehículos, entre eles arredor dunha quincena da Pontenova e dos concellos da contorna. O descenso desenvolverase nun treito entre Vilar das Pedras e a rúa da Feira, na Pontenova.
Se bem a actividade competitiva se concentra na fin de semana, a actividade arredor da proba comezará xa o xoves 24 com reunións técnicas, revisións do trazado e actividades lúdicas. Na xornada prevía ás carreiras, celebrarase un cerimonia na que desfilarán os vehículos participantes -ás 18.00 horas-.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



