Os traballos servirán para acondicionar tres tramos da LU-P-1106, que conecta Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza; e para mellorar o trazado en dúas curvas na LU-P-5501, que vai de Meira a Riotorto, desde Riocabo ás Rodrigas
Lugo, 24 de xullo de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este xoves a adxudicación de obras por máis de 500.000€ para a mellora de dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Riotorto. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal celebrada no Pazo de San Marcos.
“Con estas novas actuacións seguimos a facer un esforzo investidor enorme para rehabilitar, manter e mellorar a rede de estradas da nosa provincia, que como sempre recordamos é a máis extensa de todas as Deputacións en España, cun total de 4.217 quilómetros de lonxitude”, valorou García Porto.
Informou sobre as actuacións adxudicadas para as diferentes estradas durante a sesión semanal, detallando que entre Castro de Rei e A Pastoriza, a Deputación adxudicou á empresa Cholo SL por 450.000€ as obras de acondicionamento de tres tramos da LU-P-1106, que é a vía que conecta Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza, por Reigosa.
Uns traballos, que terán un prazo de execución de un mes e medio, consistirán na reapertura de cunetas, acometerase unha canalización de formigón para a mellora da drenaxe ao inicio da estrada, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización, para rehabilitar tres tramos dun total de case 10 quilómetros.
O primeiro esténdese desde o inicio da estrada, á altura da ponte sobre o río Azúmara, ata o punto quilométrico 7,682, na parroquia de Pacios (Castro de Rei). O segundo tramo intervirá ao seu paso pola parroquia da Reigosa, xa no termo municipal da Pastoriza, entre os puntos quilométricos 9,5 e 10. Por último, mellorarase tamén un treito dende a rotonda de conexión coa LU-P-4401, á altura da Ermida, entre os quilómetros 10,5 e 11,74.
Así mesmo, a institución provincial adxudicou á empresa Obras y Saneaminetos Galicia SL, por un importe superior aos 60.000€, a mellora do trazado en dúas curvas na LU-P-5501, que é a vía que vai de Meira a Riotorto, desde Riocabo ás Rodrigas. “Executaremos melloras en dous puntos desta vía á altura da parroquia de Ferreiravella, en Riotorto. Nunha curva situada no punto quilométrico 4,965 e outra a continuación, no 5,765”, subliñou Pilar García Porto.
As obras consistirán na execución do desmonte, a pavimentación e o balizamento correspondente. O prazo de execución será de 3 meses, desde o inicio das actuacións. “Estamos a actuar onde máis se precisa, atendendo demandas reais dos concellos e da veciñanza, e reforzando a cohesión territorial da provincia”, recalcou a Voceira Socialista quen lembrou o compromiso da Deputación coa mellora da mobilidade da provincia.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



