A titular de Mar puxo en valor a maior presenza das mulleres en postos de responsabilidade no ámbito empresarial, da investigación ou nas entidades sectoriais, reforzando o liderado galego no ámbito da pesca a nivel internacional
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo con representantes da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) para abordar a situación das profesionais do mar e os desafíos actuais da actividade pesqueira. A responsable autonómica enmarcou a xuntanza no diálogo fluído da Administración autonómica con todas as entidades sectoriais co obxectivo de reforzar o modelo de éxito na xestión pesqueira de Galicia sustentado na cogobernanza co sector.
A titular de Mar, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, puxo en valor o papel da muller no conxunto da cadea mar-industria que xa transcende das actividades tradicionalmente feminizadas como a industria da transformación e elaborados de produtos pesqueiros, o marisqueo ou na reparación de aparellos. Así, destacou que hoxe hai mulleres liderando confrarías, ocupando postos de responsabilidade a nivel empresarial, na investigación mariña ou en postos de mando nos buques. Unha evolución á que ten contribuído os centros de formación náutica-pesqueira autonómicos impulsando un liderado feminino esencial para afrontar con éxito os retos actuais.
A responsable autonómica compartiu coas responsables de Anmupesca a necesidade de seguir afondando en políticas públicas que afonden no recoñecemento do papel da muller no sector pesqueiro como unha forza laboral estratéxica. Tamén a importancia de seguir avanzando en ámbitos como a protección social, a prevención e saúde laboral ou na conciliación. Unha tarefa, dixo, que require da implicación do conxunto das Administracións públicas. Ademais, abordaron outros asuntos de interese como a rexeneración dos bancos marisqueiros, o impulso do turismo pesqueiro, a divulgación das liñas de axuda autonómicas ou o apoio ao emprendemento feminino no ámbito da pesca nos que estreitar a colaboración entre esta entidade sectorial e a Administración autonómica.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



