Foz, 14 de agosto de 2026. Este domingo, día 16 de agosto, na área recreativa Os Castros de Cangas, o Concello de Foz organiza en colaboración con Cabaleiros de Cangas e as asociacións Os Castros, veciños de San Pedro e CMVMC Real, Rañadoiro e Agudo unha nova edición da Feira de Gando de Cangas.
A xornada contará con mercado tradicional, obradoiros de artesanía e paseos a cabalo gratis durante a mañá. Haberá animación musical, pulpería e sorteos. Ás 16.00 horas darán comezo as carreiras de andadura (serrada en categoría de +1,5 e -1,5m e chapeada en categoría de +1,5 e -1,5m, tamén sub16).
O concelleiro de medio rural, Ángel Fernández Neira, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, presentaron un cartel xunto cos integrantes de Cabaleiros de Cangas.
“Agardamos que a xente se anime a vir dar un paseo a Cangas e ver o traballo da xente do rural coidando que se conserven as tradicións e se siga apostando por unha vida nas nosas parroquias”, destacou o alcalde.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.


